InicioDeportesO C.B. Breogán comezará a Liga Endesa o domingo 30 de setembro...

O C.B. Breogán comezará a Liga Endesa o domingo 30 de setembro ás 17 horas

O club tamén presentou a equipación da marca Hummel, que viste ao equipo por segunda tempada consecutiva, para a vindeira Liga ACB

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán comezará a Liga ACB 2018-2019 o domingo 30 de setembro a partir das 17 horas contra o Club Joventut de Badalona en partido televisado por Movistar Deportes.

Mañá martes, daranse a coñecer tódolos horarios da primeira volta.

Por outra banda, o Breogán presentou hoxe a súa nova equipación da marca Hummel, que viste ao club por segunda tempada consecutiva, co patrocinio de “Estrella Galicia”, “Cafés Candelas”, “Lugo cambia” e “Abanca”. 

O Breogán confirmou oito fichaxes: o base-escolta Aleksandar Cvetkovic, o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, o aleiro Tarence Kinsey, así como os pívots Alec Brown, Emir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista), Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Cvetkovic, Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, o novo segundo adestrador é Óscar Lata. e o terceiro técnico é, por segunda tempada consecutiva, Pablo Abuín.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...