InicioDeportesLucio Redivo é novo escolta do Club Baloncesto Breogán

Lucio Redivo é novo escolta do Club Baloncesto Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O escolta arxentino Lucio Redivo, de 24 anos e 1.83 metros de estatura, é novo xogador do Club Baloncesto Breogán procedente de Bilbao Basket. Na pasada Liga ACB, promediou 10.2 puntos, 1.1 rebotes. 0.6 asistencias e 0.5 recuperacións con 40 % de efectividade en triplas, 50 % en tiros de dous e 71 % en tiros libres en 20 minutos de media por partido e 9.6 puntos, 1.4 asistencias e 1.1 rebotes en Eurocup con 32.4 % en triplas, 52.9 % en lanzamentos de dous puntos e 100 % en tiros libres. Foi nomeado xogador da xornada 27 da Liga ACB. Foi líder de anotación da Liga das Américas en 2017 con 22.1 puntos por partido. Posúe pasaporte italiano, polo que non ocupará praza de estranxeiro.

É internacional con Arxentina, coa que competiu na FIBA AmeriCup en 2017 acadando a medalla de prata. Tamén defendeu as cores da selección arxentina na fase de clasificación para o Mundial 2019 nas fiestras de novembro de 2017 e febreiro de 2018.

Lucio Redivo formouse nas categorías inferiores de Bahía Basket, en Arxentina. Competiu no seu primeiro equipo entre 2012 e 2017 xogando a Liga Nacional de Bàsquetbol (LNB) e, na súa derradeira campaña, a Liga Sudamericana e Liga das Américas. Con Bilbao Basket competiu na Liga ACB e na Eurocup.

No seu palmarés, cómpre subliñar que foi subcampión da FIBA AmeriCup en 2017 con Arxentina, así como subcampión da Liga Sudamericana e Liga das Américas en 2017.

O Breogán confirmou seis fichaxes: o citado escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

ÚLTIMAS

Morre un home tras ser rescatado inconsciente dun río en Chantada

Un home faleceu na tarde deste martes tras ser rescatado inconsciente no embarcadoiro de...

Así quedou restaurado o mural de Lugo por Palestina tras ser atacado

"O pasado domingo 14 rematouse de pintar un mural en apoio a Palestina e...

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a...

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos...