InicioDeportesRicardo Úriz renova co C.B. Breogán

Ricardo Úriz renova co C.B. Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O base pamplonés Ricardo Úriz renovou co Club Baloncesto Breogán por unha tempada. O xogador navarro, de 1.87 metros de estatura e a piques de cumprir 38 anos, xogará a súa segunda campaña no Breogán. É a primeira renovación oficial do equipo celeste. No entanto, o base Christian Díaz, o escolta Sergi Quintela, o aleiro Salva Arco e os pívots Matt Stainbrook e Herve Kabasele, lesionado de longa duración, teñen contrato en vigor.

No pasado campionato, acadou o ascenso directo á Liga Endesa e proclamouse campión da Copa Princesa. Promediou 10.3 puntos, 4.8 asistencias, 2.6 rebotes e 1.6 recuperacións para 11.9 de valoración en 26´17″ por partido. 

Ricardo Úriz xogou trece tempadas en ACB: Baskonia (1998-2000), C.B. Valladolid (2001-2002), Bilbao Basket (2004-2005), Gipuzkoa Basket (2006-2007), Gipuzkoa Basket (2008-2011), C.B. Valladolid (2011-2012), C.B. Canarias (2012-2015) e Baloncesto Fuenlabrada (2015-2016).

O Club Baloncesto Breogán está pendiente da confirmación do seu ascenso administrativo á Liga Endesa en asemblea da ACB o vindeiro luns 16 de xullo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...

Un home enfróntase a máis de 18 anos de cárcere por malos tratos, ameazas e agresión sexual á súa parella

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro xoves o xuízo contra un home...