InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo prepara a reparación da avaría no abastecemento en...

O Concello de Lugo prepara a reparación da avaría no abastecemento en Avenida da Coruña

Nunha primeira fase, os equipos técnicos inspeccionaron a rede de saneamento e realizaron a limpeza dos pozos da zona mediante un camión succionador

PUBLICADA O

O Concello de Lugo está a preparar a intervención necesaria para reparar a avaría detectada na avenida da Coruña, á altura do número 224, onde a existencia dun afundimento na calzada fixo necesario realizar distintas comprobacións nas redes municipais para determinar a orixe do problema.
Nunha primeira fase, os equipos técnicos inspeccionaron a rede de saneamento e realizaron a limpeza dos pozos da zona mediante un camión succionador. Unha vez descartada esta infraestrutura como causa da incidencia, as comprobacións centráronse na rede de abastecemento. Tras verificar que a rede auxiliar que dá servizo directo aos abonados non presentaba fugas aparentes, os traballos dirixíronse á condución xeral de transporte, cun diámetro de 500 milímetros.
Para localizar a fuga evitouse realizar un corte xeralizado de auga que podería afectar a boa parte da zona norte da cidade. Para iso, empregáronse equipos especializados de detección, entre eles rastreadores, localizadores e xeófonos, que permitiron prelocalizar o punto da incidencia sen interromper de forma masiva o subministro.
Na actualidade, o Concello está coordinando os preparativos da reparación e a dispoñibilidade do material específico necesario para acometer unha intervención destas características. A planificación busca reducir na medida do posible as molestias á veciñanza, aos establecementos comerciais e ás persoas usuarias dunha das principais vías de entrada e saída da cidade.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...