InicioDeportesHenk Norel, xogador máis valorado da pasada Liga ACB, ficha polo Club...

Henk Norel, xogador máis valorado da pasada Liga ACB, ficha polo Club Baloncesto Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán, equipo de Liga ACB, anunciou a fichaxe do pívot Henk Norel, xogador máis valorado da pasada Liga ACB. Procede de Gipuzkoa Basket, co que xogou unha tempada, a pasada, e acadou a permanencia a falta de tres xornadas. Norel, pívot neerlandés de 30 anos e 2.12 metros de estatura, foi o baloncestista máis valorado da Liga Endesa 2017-2018 con 19.5 créditos de valoración media por partido. Formou parte do quinteto ideal do campionato, así como MVP de outubro e das xornadas dúas e tres. Tamén, foi o segundo en rebotes, o primeiro en rebotes ofensivos, o sétimo en anotación, o primeiro en lanzamentos de dous puntos anotados por partido, o cuarto en faltas recibidas e o undécimo en tiros libres encestados por encontro. Promediou 13.9 puntos, 6.7 rebotes, 1.8 asistencias, 0.46 tapóns e 0.38 recuperacións por partido.

En 2008, foi elixido no posto 47 do NBA Draft por Minnesota Timberwolves. No seu palmarés, figura unha FIBA Eurocup en 2006 co Club Joventut de Badalona.

Debutou na Liga ACB na tempada 2005-2006 co Joventut. Esa tempada e a seguinte, mestura partidos en ACB con encontros en LEB co equipo vinculado, C.B. Prat. Na campaña 2007-2008, foi cedido a Alicante Costa Blanca, en LEB. Despois, catro anos no Joventut en ACB chegando a xogar en Euroliga na edición 2008-2009. Dende 2012 a 2017, defende as cores de Basket Zaragoza onde foi xogador da xornada 27 da tempada 2012-2013. Compite con Gipuzkoa Basket na campaña pasada co que acadou a permanencia matemática a falta de tres xornadas para o remate da liga regular. Porén, suma doce tempadas en ACB. 

É internacional coa selección holandesa, coa que xogou o Eurobasket 2015 e a fase clasificatoria para o Mundial 2019.

En 2008 e 2009, participou no Reebok Eurocamp de Trevisto.

Tamén foi campión de EBA en 2005 co C.B. Prat e subcampión da Copa Princesa con Alicante Costa Blanca en 2008.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...