InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaA Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

O deputado de Medio Ambiente e alcalde da Fonsagrada, Carlos López, participou este sábado na Festa da Castaña, unha das citas destacadas do outono na montaña luguesa, que conta co apoio da institución provincial a través do Plan Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel, celebrada en Folgoso do Courel, a través do deputado de Medio Ambiente, Carlos López, que asistiu aos actos da xornada. Unha cita que segundo destacou Carlos López é un importante punto de encontro para veciños e visitantes. Destacou a súa capacidade de convocatoria, que moitos anos chega a reunir en torno ás 2.000 persoas, converténdose nunha das citas gastronómicas destacadas do outono na montaña lucense.

Engadiu o deputado que a castaña é un dos produtos máis representativos da identidade e da economía rural galega. E que Galicia concentra máis da metade da produción española, o que dá unha idea da importancia deste froito e da tradición que existe arredor do seu cultivo, transformación e aproveitamento. No caso da montaña lucense, os soutos forman parte tamén da paisaxe e do patrimonio natural e cultural do territorio.

A programación comezou ás 12:30 horas coa actuación dunha agrupación musical. Unha hora despois tivo lugar o pregón, a cargo do cociñeiro Julio Mato, e a entrega de premios do VII Concurso de Tapas Castaña do Courel, unha iniciativa que destaca as posibilidades culinarias deste produto e a súa presenza na gastronomía local.

Durante a tarde, están previstas as actuacións musicais e as degustacións gratuítas de castañas e viño nunha celebración que alcanza xa a súa trixésimo sétima edición.

Achega a través do Plan Deputación: a institución financia e os concellos deciden

A institución provincial colabora con esta cita a través do Plan Deputación, o principal instrumento de cooperación económica da institución provincial cos concellos. O programa garante unha aportación mínima a cada un dos 67 concellos da provincia e consta dunha parte variable en función de criterios obxectivos, como a poboación, a dispersión demográfica e o envellecemento. Conta, ademais, coa vantaxe de que os concellos teñen autonomía para dicidir a que destinen os fondos aportados pola Deputación a través deste plan, cuxo obxectivo é contribuír ao equilibrio territorial e que en 2027 alcanzará os 25 millóns de euros, 2,25 máis que no exercicio vixente, segundo o proxecto de Orzamentos que se aprobará no pleno deste mes.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...