InicioLugo e contornaLugoLugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

A homenaxe póstuma, aberta á participación de toda a cidadanía, recoñecerá a traxectoria e o legado dunha figura moi querida e respectada en Lugo

PUBLICADA O

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional de nomeamento, a título póstumo, de Mariano Castiñeira Villaseca como Fillo Adoptivo da cidade. Con esta distinción, Lugo recoñece unha vida marcada pola súa vinculación co deporte, o coñecemento, a entrega aos demais e o compromiso coa cidade.
A alcaldesa, Elena Candia, destacou o enorme recoñecemento e afecto que Mariano Castiñeira espertaba entre a cidadanía lucense, así como a pegada que deixou en tantas persoas ao longo da súa vida. Ao acto, que terá lugar no auditorio Fuxan os Ventos, tamén asistirán representantes de clubs e persoas do ámbito deportivo que compartiron con el anos de aprendizaxe, consellos e experiencias.
Durante a cerimonia, a familia recibirá os símbolos institucionais da distinción: o diploma acreditativo será entregado á súa viúva e cada un dos seus tres fillos recibirá unha placa conmemorativa. Será un dos momentos centrais dunha homenaxe que quere recoñecer oficialmente a súa traxectoria e lembrar tamén a súa dimensión humana e a súa contribución á vida da cidade.A música acompañará os distintos momentos do acto. O cuarteto de clarinetes Díese interpretará varias pezas galegas ao longo da cerimonia.
O Concello convida a toda a cidadanía a participar neste recoñecemento a Mariano Castiñeira Villaseca, unha distinción que acadou un acordo unánime no pleno de celebrado en xuño deste ano.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...