InicioEconomíaA Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar...

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

A institución provincial participará do 13 ao 15 de novembro cun espazo propio na Feira Internacional de Turismo de Interior, en Valladolid, pola que o ano pasado pasaron 36.000 visitantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

 

A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de Interior (Intur) que terá lugar a próxima fin de semana no recinto feiral de Valladolid. Disporá dun espazo propio, xunto a máis de cen expositores, dende o día 13 ao 15 de novembro, de 10.30 ás 20.30 horas. Nel dará a coñecer os recursos, destinos e experiencias turísticas que ofrece a provincia, co obxectivo de achegar a súa oferta e atraer novos viaxeiros.

O espazo reservado á Deputación de Lugo nesta feira estará atendido por dous técnicos de turismo da institución e contará tamén co apoio de guías oficiais, que asesorarán ás persoas interesadas en descubrir os atractivos do territorio lucense.

Trátase dunha nova oportunidade para achegar as potencialidades da provincia a un público especialmente interesado nos destinos de interior e de ampliar a súa proxección a un mercado de interese, pola proximidade xeográfica, como o de Castela e León.

O espazo provincial ofrecerá información sobre os diferentes xeodestinos da provincia: A Mariña, Terra Chá, Lugo-Terras da Ullosa, Ancares-Terras de Burón e O Courel. O obxectivo é amosar a riqueza e a diversidade que se pode atopar ao longo dos 9.856 metros cadrados de superficie que ten a provincia, que ofrece recursos para diferentes perfís de visitantes en todas as épocas do ano.

Entrar nunha palloza e descubrir como vivían antes as familias dos Ancares, percorrer en tren as empinadas ladeiras da Ribeira Sacra para coñecer os segredos da viticultura heroica ou navegar polos canóns do Sil e do Miño son algunhas das experiencias que a Deputación utilizará para amosar a provincia de Lugo como un destino de interior diverso. Turismo de natureza, patrimonio, gastronomía, actividades deportivas e fluviais, cultura e experiencias vencelladas ao medio rural cunha oferta que abrangue aos 67 concellos.

Un espazo con 36.000 visitantes

Intur, que celebra este ano a súa 29 edición, está considerada unha das principais citas especializadas do turismo de interior. A feira reúne na súa área expositiva máis dun milleiro de destinos, empresas e colectivos do sector, con propostas nas que a natureza, a cultura e a enogastronomía teñen un papel protagonista. Na pasada edición recibiu preto de 36.000 visitantes, segundo os datos facilitados pola organización.

Concretamente, Intur viaxeiros prevé este ano contar con 125 expositores distribuídos 11.000 metros cadrados, representando a máis de 1.000 destinos de España e Portugal.

A participación en Intur incorpórase así ao calendario de feiras especializadas nas que toma parte a institución provincial para dar a coñecer o potencial turístico de Lugo. A Deputación participou este ano en encontros como FITUR, Expocidades, Expovacaciones, BioCultura ou Produart.

+ posts

ÚLTIMAS

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...