InicioDeportesÓscar Lata é o novo segundo adestrador do Club Baloncesto Breogán

Óscar Lata é o novo segundo adestrador do Club Baloncesto Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O adestrador coruñés Óscar Lata é o novo segundo adestrador do Club Baloncesto Breogán para a vindeira tempada en Liga ACB. A súa última experiencia profesional foi no Fútbol Club Barcelona a pasada campaña xunto a Sito Alonso até febreiro. Lata substitúe a Quique Fraga, novo director deportivo do club breoganista, no rol de segundo técnico. O primeiro adestrador será Natxo Lezkano por terceiro campionato correlativo.

A súa traxectoria profesional comeza en 1992, con apenas 18 anos, no Club Deportivo Estación da Coruña. Cómpre subliñar que entre 2009 e 2011 traballa nas prestixiosas categorías inferiores do Joventut de Badalona. Dende 2014, traballou como adestrador axudante de Sito Alonso: entre 2014 e 2016 no Bilbao Basket, na tempada 2016-2017 en Baskonia e a citada pasada campaña no Barça. Xa traballara con Alonso durante catro cursos co C.B. Monzón.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...