InicioDeportesO pívot ucraniano Volodymyr Gerun é a primeira fichaxe do Club Baloncesto...

O pívot ucraniano Volodymyr Gerun é a primeira fichaxe do Club Baloncesto Breogán para a Liga ACB

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán anunciou a fichaxe do pívot ucraniano Volodymyr Gerun para a vindeira tempada en ACB. Procede do Fútbol Club Barcelona B, en LEB Ouro. Foi o xogador máis valorado da pasada LEB Ouro con 21.13 de media. O pívot, de 2.10 metros de estatura e 24 anos, promediou 14.8 puntos, 7.9 rebotes, 1.6 asistencias, 0.9 tapones e 0.5 recuperacións en 29´18″ por partido.

Previamente, Gerun xogou no Viten Getafe en LEB Prata na tempada 2015-2016 para marchar en decembro de 2015 a Força Lleida Club Esportiu, en LEB Ouro. Na campaña 2016-2017, xogou no Club Baloncesto Clavijo, tamén en LEB Ouro, e dende 2016 até 2018 no Barça B, en LEB Ouro.

É a primeira fichaxe do Breogán para a vindeira tempada. Os bases Ricardo Úriz e Christian Díaz; os escoltas Salva Arco e Sergi Quintela; o aleiro Johan Löfberg; e os pívots Emir Sulejmanovic e Herve Kabasele, recuperándose dunha lesión, teñen contrato en vigor nun equipo no que continúa Natxo Lezkano como primeiro adestrador e Quique Fraga é o novo director deportivo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...