InicioDeportesO C.B. Breogán tentará acadar os 4000 abonados

O C.B. Breogán tentará acadar os 4000 abonados

PUBLICADA O

- Advertisement -

Suso Lázare, presidente de C.B. Breogán, presentou a campaña de abonados para a tempada 2018-2019.

Lázare explicou que o obxectivo é “fidelizar” aos abonados habituais e “captar a un número importante”. Opinou que son “prezos non excesivamente caros”. “É máis, eu diría ben axustados”, engadiu. Respondeu que contan con 2900 abonados e gustaríalles chegar a “4000”.

Comentou que “non” chegan “a dobrar en ningunha cantidade” con respecto aos prezos da tempada pasada. Engadiu que haberá, “como máximo, dous medios días do club” con “dez-doce euros as entrada sénior máis cara”, aínda que esta cuantía “non está pechada”. Afirmou que, “por primeira na historia do club, o pabellón terá asento fixo, individual e personalizado”. Ademais, durante o mes de xuño, os abonados da tempada pasada terán un cinco por cento de desconto ata o 30 de xuño para reservar asento ou cambiar a un que está libre. Poderanse realizar un máximo de catro pagos por adiantado ata o comezo de liga. Cada un destes pagos, deberá ser dun mínimo do dez por cento do prezo do abono total.

O presidente breoganista subliñou que haberá unha “grada máis asequible”, que serán os dous fondos. Tamén adiantou que haberá un “desconto lineal” para familias.

Doutra banda, instáurase a figura do “Baby Breo” por dez euros para nenos ata catro anos de idade.

Gráfico de cbbreogan.com

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...