InicioDeportesO Club Baloncesto Breogán comezou a pretempada

O Club Baloncesto Breogán comezou a pretempada

A primeira sesión contou coa presenza de Sergi Quintela, que previsiblemente irá cedido, e a ausencia de Volodymyr Gerun, que chegará o venres

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán iniciou esta mañá os adestramentos de cara a vindeira tempada en Liga ACB. As sesións comezaron ás 9:30 horas no Pazo dos Deportes cunha sesión primeiramente no ximnasio e posteriormente en pista. Estiveron presentes tódolos xogadores, incluso o base-escolta Aleksandar Cvetkovic, recente fichaxe, a excepción do pívot Volodymyr Gerun, que chegará o venres. O escolta lucense Sergi Quintela tamén formou parte do adestramento, aínda que previsiblemente marchará cedido. A partir das 18 horas, completaron a segunda sesión do día. Mañá xoves adestrarán únicamente ás 10 horas con “sesión longa con carga física e traballo de pista”, o venres traballarán pola tarde e o sábado novamente pola mañá.

O Breogán confirmou sete fichaxes: o base-escolta Aleksandar Cvetkovic, o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec Brown, Emir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista), Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Cvetkovic, Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

O Club Baloncesto Breogán recibirá no Pazo dos Deportes de Lugo ao Club Joventut de Badalona na primeira xornada da Liga ACB 2018-2019, que está prevista entre o xoves 27 e o domingo 30 de setembro. 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...