InicioDeportesO C.B. Breogán supera os 4000 abonados

O C.B. Breogán supera os 4000 abonados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán confirmou que xa superou os 4000 abonados de cara a vindeira tempada en Liga ACB. A pasada campaña, en LEB, foron 2900 os abonados do Breogán. “Máis dun 90 %” renovaron o seu carné, segundo confirmou o club.

Segundo o club, deste xeito alcánzase “o primeiro obxectivo marcado polo consello de administración”.

O Club Baloncesto Breogán recibirá no Pazo dos Deportes de Lugo ao Club Joventut de Badalona na primeira xornada da Liga ACB 2018-2019, que está prevista entre o xoves 27 e o domingo 30 de setembro. 

O Breogán confirmou seis fichaxes: o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec Brown, Emir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista), Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

En pretempada, o Club Baloncesto Breogán xogará o Circuito Movistar de Tarragona contra Baskonia o venres 7 de setembro a partir das 21 horas e ante Gipuzkoa Basket o sábado 8 de setembro dende as 20:30 horas. Ademáis, o Breogán debutará en semifinais da Copa Galicia o domingo 16 de setembro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...