O 112 informou do falecemento dunha muller no concello lucense de Vilalba tras sufrir unha descarga eléctrica coa toma de forza dun tractor. Segundo explican, o aviso chegou arredor das 10.30 horas. Un particular alertou de que unha muller sufrira unha descarga eléctrica
Ademais, a muller ficara atrapada na toma de forza e batera coa cabeza tras a descarga. O servizo de emerxencias informou o 061, os Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil, que se desprazaron ata o lugar. Aínda que non foi necesaria a intervención dos bombeiros, xa que a muller estaba liberada cando chegaron, non puideron facer nada por salvarlle a vida, malia os intentos de reanimación dos servizos de emerxencias.
