InicioDeportesO C.B. Breogán xogará contra Baskonia en Tarragona o venres 7 de...

O C.B. Breogán xogará contra Baskonia en Tarragona o venres 7 de setembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán xogará o Circuito Movistar de Tarragona contra Baskonia o venres 7 de setembro a partir das 21 horas e ante Gipuzkoa Basket o sábado 8 de setembro dende as 20:30 horas. É a segunda edición do torneo e terá lugar no Palau d´Esports de Catalunya, inaugurado en recentes datas co gallo dos Xogos do Mediterráneo. O Breogán, Gipuzkoa Basket e Baskonia competirán no Grupo A, mentres que no Grupo B participarán Iberostar Tenerife, Tecnyconta Zaragoza e Partizán de Belgrado.

Baskonia é o actual subcampión da Liga ACB, mentres que Gipuzkoa Basket acadou a permanencia a pasada tempada en ACB a falta de tres xornadas. Baskonia medirase a Gipuzkoa Basket o domingo 9 de setembro ás 17 horas.

Cómpre lembrar que o Breogán debutará en semifinais da Copa Galicia o domingo 16 de setembro contra o primeiro clasificado da fase previa, na que os lucenses non competirán ao ser equipo ACB, mesmo caso que o Obradoiro.

O Breogán confirmou seis fichaxes: o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...