Home Lugo e contorna Lugo ‘Lugo Aluga’, programa municipal para facilitar o acceso á vivenda en aluguer

‘Lugo Aluga’, programa municipal para facilitar o acceso á vivenda en aluguer

0
‘Lugo Aluga’, programa municipal para facilitar o acceso á vivenda en aluguer
Lugo conta cun importante esforzo inversor da Xunta de Galicia en materia de vivenda, que se traduce en actuacións de nova construción, rehabilitación e fomento do alugueiro.
– 615 vivendas vinculadas de nova construción, cun investimento de 120 millóns de euros
– 1.265 vivendas no PIA do Sagrado Corazón
– 2,79 millóns de euros previstos para Galicia no programa FOGAR VIVO, con axudas de ata 16.000 euros por vivenda para fomentar o alugueiro.
– No ámbito da rehabilitación, a recuperación da Tinería permitiu recuperar 96 vivendas, ás que se suman outras 18 previstas nas rúas da Catedral e Pazo de Dona Urraca.
– Declaración da ARI do barrio da Milagrosa e Feijoo que podería beneficiar a 475 vivendas cun investimentode 13 Millóns de euros

Neste contexto de investimento e actuación pública, súmase a de Lugo Aluga que é unha nova ferramenta municipal para mobilizar vivendas existentes, facilitar o acceso a un fogar cunha renda asumible e ofrecer garantías tanto aos propietarios como ás persoas que buscan vivenda.
A alcaldesa de Lugo, e o concelleiro de urbanismo presentaban este programa programa municipal  que comezará a desenvolverse en xaneiro de 2027. O programa conta cunha previsión orzamentaria inicial de 150.000 euros: “Arrancamos coa mellor das intencións: chegar ao maior número posible de vivendas e facilitar que máis persoas poidan acceder a un fogar. “Agardamos que a acollida da iniciativa sexa tan boa que teñamos que ampliar os recursos previstos” puntualizaron a alcaldesa e o concelleiro de urbanismo.

 

O obxectivo de Lugo Aluga é que os propietarios teñan seguridade á hora de alugar a súa vivenda e que as persoas que buscan un fogar poidan atopar unha oportunidade para construír o seu proxecto de vida. “Non se trata de sinalar nin penalizar os propietarios, nin de estigmatizar a quen busca un alugueiro, senón de escoitar as necesidades de ambas as partes e ofrecer solucións que lles permitan chegar a un acordo con confianza e garantías”.

 

EVISLUSA, a empresa municipal de vivenda, será a encargada de informar e tramitar o programa por encomenda do Concello. Unha vez definido este funcionamento, realizarase unha campaña informativa para que a cidadanía coñeza os detalles da iniciativa, as condicións para participar e os pasos que deberá seguir tanto se quere ofrecer unha vivenda en alugueiro como se necesita atopar unha casa. Evislusa terá un papel fundamental no desenvolvemento deste programa municipal de mobilización de vivenda para alugar.

 

Axudas e garantías para quen ofrece vivenda durante 5 anos 
O Concello porá disposición dos propietarios que incorporen a súa vivenda ao programa ata 900 euros en axudas a fondo perdido polo inmoble, para destinar a cubrir gastos como o seguro de protección do alugueiro (ata 525 euros), o certificado de eficiencia enerxética (ata 125 euros, se é necesario), a inspección da vivenda por parte dun técnico independente (ata 125 euros) e a tramitación profesional da solicitude (ata 125 euros), conforme ás condicións establecidas.

 

Ademais, o programa recolle que se lles aplique unha bonificación do 95 % no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), suxeita ás condicións correspondentes, así como posibles beneficios fiscais no IRPF (70% no tramo nacional, e 500 euros no tramo autonómico). A iniciativa tamén ofrecerá asesoramento e acompañamento durante o proceso de alugueiro, para facilitar os trámites e a formalización do contrato.

 

Facilidades para atopar vivenda e garantías para quen busca fogar
Lugo Aluga tamén está pensado para as persoas que necesitan unha vivenda e teñen dificultades para atopar un alugueiro a un prezo asumible. Facilitarase o acceso a unha vivenda cunha renda axustada aos ingresos e á composición de cada unidade de convivencia, de acordo cos criterios establecidos polo programa. EVISLUSA encargarase de poñer en contacto as persoas solicitantes coa propiedade e de facilitar a busca dunha vivenda que responda ás súas necesidades.
Ademais, as persoas participantes contarán con asesoramento legal e fiscal antes e despois da sinatura do contrato, acompañamento durante o proceso e mediación se xorden conflitos durante o alugueiro
+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here