InicioSociedadeBuscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

Un medio de comunicación suízo revela a súa presenza no cantón de Neuchâtel, onde exerceu como falsa farmacéutica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades suízas, despois de remitir hai unhas semanas un informe solicitado sobre a situación de Andrea Sánchez Antelo, unha muller coruñesa que se facía pasar por médica, contra a que pesa unha orde internacional de procura e que está pendente de xuízo en Lugo polos supostos delitos de intrusismo profesional e falsidade documental.

Esta “falsa médica” de 33 anos tiña que comparecer ante o Xulgado do Penal 2 de Lugo en marzo de 2025, nun xuízo no que se enfrontaba a 3 anos e medio de prisión, pero non compareceu, e desde hai uns meses figura na lista dos delincuentes máis buscados de Europol.

A muller foi detida polo menos en dúas ocasións en 2022 por facerse pasar por médica e asinar receitas sen ter a habilitación precisa. Así, falsificara o certificado de remate dos estudos e do pagamento das taxas do título, chegou a exercer como médica nunha residencia de maiores de Lugo, nunha mutua da Coruña e mesmo obtivo un número de colexiada e un talonario de receitas. De feito, foi condenada por un xulgado da Coruña por exercer no CHUAC sen ter a titulación.

Desde a súa incomparecencia ante o xulgado de Lugo en marzo de 2025, Andrea Sánchez Antelo permanecía en paradoiro descoñecido, pero hai uns días o medio suízo ArcInfo revelou a súa presenza no cantón de Neuchâtel desde 2022. Alí veu desempeñando traballos como falsa farmacéutica e foi contratada por catro empregadores suízos, entre eles a rede pública de hospitais e centros de saúde desa rexión, segundo revelou este medio, que tamén apuntou que a muller xa foi condenada tamén en Suíza por falsidade documental e estafa.

+ posts

ÚLTIMAS

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...