InicioSociedadeO acoso a menores, a velutina e Martínez, entre os temas máis...

O acoso a menores, a velutina e Martínez, entre os temas máis lidos do 2018

A audiencia lucense interesouse por figuras e casos de grande alcance social, con inquedanza pola lingua e o medio ambiente

PUBLICADA O

- Advertisement -

LugoXornal comeza o ano entrante botando unha ollada cara os temas máis lidos do 2018. Son nove os asuntos que marcaron aos lectores do centro de Lugo e os vinte e tres concellos do Bierzo, con actualidade e reportaxes, así como a exclusiva que sinalou a aposta deste medio pola divulgación científica.

1 –Inquietude en dous colexios de Lugo por un suposto caso de acoso a menores. A intersección entre Bispo Aguirre e Ramón Ferreiro, confluencia dos centros de ensino, foi escenario de varios episodios conectados que acabou no TSXG.

2 – Alberto García: “A xente quéreme, diso é do que estou máis orgulloso”. O benquerido fundador do Mesón de Alberto foi homenaxeado logo de toda unha vida adicada ao sector da restauración e a hostalaría en Lugo.

3 – Investigadores do Campus de Lugo sintetizan dúas feromonas da velutina. LugoXornal desvelou en exclusiva este novo paso para controlar á vespa asiática da man do investigador Xesús Feás.

Xesús Feás forma parte do grupo da USC que traballa para obter biocidas e parásitos contra a velutina | Óscar Bernárdez
Xesús Feás forma parte do grupo da USC que traballa para obter biocidas e parásitos contra a velutina | Óscar Bernárdez

4 – A Fundación Amancio Ortega fai realidade a nova escola infantil de Lugo. O primeiro gran proxecto da Fundación Amancio Ortega en Lugo, a nova escola infantil de Garabolos, na avenida Paulo Fabio Máximo.

5 –Lugo afronta de novo o problema invisible do suicidio. A provincia lidera as estatísticas estatais destes episodios, que superan aos accidentes de tráfico como a primeira causa de morte.

6 – O PP aproba outro salario de 72.000 euros para Martínez en Suplusa. Os acordos da formación que lidera Elena Candia na provincia co rexedor de Becerreá acadaron os 121.000 euros en retribucións, aínda que finalmente non apareceron nos orzamentos provinciais pola marcha atrás dos populares.

7 – Esperpento na Deputación con Martínez expulsado pola seguridade.

8 –Un estudo sinala que o futuro do galego podería estar na cidade de Lugo. Os estudos da Real Academia Galega indican que o freo na substitución do galego polo castelán nos máis xoves podería gardar o segredo da conservación do idioma de noso.

9 – A montaña lucense será o maior espazo de turismo científico de Galicia. A Deputación implantará dez accións de desenvolvemento das estruturas de turismo científico necesarias nos 16 concellos integrados no maior espazo natural protexido de Galicia.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Lugo avoga por que a esquerda “axunte esforzos” na súa provincia para evitar “voto inútil”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considera que a esquerda "debe axuntar esforzos", tamén na...

A provincia de Lugo desprega 112 operarios e 64 máquinas para garantir a seguridade viaria este inverno

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou o plan de viabilidade invernal para...

Convocan as primeiras xornadas de Saúde Mental en Lugo, a provincia co maior número de suicidios en España

A asociación de voluntariado autonómica Stop Suicidio Lugo anunciou este venres a celebración das...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...