InicioSociedadeLugo afronta de novo o problema invisible do suicidio

Lugo afronta de novo o problema invisible do suicidio

A provincia de Lugo lidera as estatísticas nacionais de casos de suicidio – O Movemento Galego da Saúde Mental defende a visibilización do problema e denuncia a falla de medios e protocolos no HULA agrava a situación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional investiga a caída dunha muller octoxenaria dende a muralla de Lugo para esclarecer se houbo tentativa de suicidio. De novo Lugo afronta un episodio que podería estar vencellado á primeira causa de morte na provincia e en Galicia –por diante dos accidentes de tráfico–, e que tan só reflicten os estudos de asociacións e revistas especializadas na saúde da mente.

Non é habitual que estes casos trascendan. Son entidades privadas coma o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) os que visibilizan este problema. O último caso coñecido en Lugo foi o dunha muller de 74 anos, que se atopaba hospitalizada no HULA, manifestou a súa intención de morrer, e terminou precipitándose polo patio interior do hospital. Hai dez días, o MGSM lanzaba un comunicado para chamar a atención sobre este e outros episodios similares no centro hospitalario lucense, denunciando a falla de medios de atención psiquiátrica especializada e protocolos axeitados.

Entre outras deficiencias, sinalouse a inexistencia dun programa de prevención do suicidio no HULA, a ausencia de atención aos familiares, e o exceso de corporativismo nas investigacións internas. Estes factores tan só contribúen a agochar unha problemática na que Lugo lidera as estatísticas estatais. A Revista de Psiquiatría y Salud Mental sinala Galicia coma un punto especialmente afectado polas mortes intencionadas, aínda que avisa da dificultade de consolidar estatísticas estatais porque moitos suicidios non son demostrables.

Segundo a investigación de Maite Santurtún, Ana Santurtún e María Zarrabeitia na citada publicación, entre o 2000 e o 2012 houbo unha mediana de 22 suicidios de mulleres e 71 de homes na provincia de Lugo, situada entre as taxas máis altas. A situación non mellorou recentemente, pois esta zona acadou a maior incidencia en España en 2015. Segundo os datos máis actualizados do Instituto Nacional de Estadística (INE), na provincia lucense faleceron 36 persoas por esta causa en 2016, polas 50 rexistradas do ano anterior.

Para achar algo de perspectiva, estes datos implican que hai o dobre de suicidios que mortos nas estradas, ou incluso dez veces máis suicidios ca homicidios, cos datos da Sociedad Española de Suicidología. Iso, tendo en conta a dificultade para a medición das mortes intencionais. Entre as causas, o MGSM menciona razóns sanitarias, económicas, relacionais ou incluso o alcoholismo.

No que respecta á cidade de Lugo, poucos eventos desta clase chegaron á luz. Salvando a situación do HULA, a meirande parte das tentativas coñecidas recentemente acabaron frustradas pola acción dos veciños e as forzas de seguridade. En 2015, un subinspector de polícia tivo que axudar a un concidadán a tirar dunha muller antes de que puidera lanzarse ao baleiro. Ese mesmo ano, axentes do mesmo corpo evitaron por dúas veces que un home perdera a vida lanzándose dende a muralla. E en xaneiro deste 2018, unha muller tivo que ser rescatada no Miño apois de caer dende a ponte das Saamasas, na N-540.

ÚLTIMAS

Un motorista falece tras caer por un terraplén en Pedrafita do Cebreiro

Un motorista faleceu este venres tras precipitarse por un terraplén de 10 metros de...

PSdeG destaca 1.000 millóns en infraestruturas para Lugo

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, e a deputada...

Veciña de Begonte detida por furto de xoias continuado nun centro de maiores

A Garda Civil, no marco da operación Renur1, detivo a unha veciña da localidade...

A Rede Museística, referencia do Estado en educación e investigación nos museos

'Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento...