InicioSociedadeAlberto García: “A xente quéreme, diso é do que estou máis orgulloso”

Alberto García: “A xente quéreme, diso é do que estou máis orgulloso”

O creador do Mesón de Alberto de Lugo será homenaxeado este domingo logo de toda unha vida adicada ao sector da restauración e a hostalaría

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con case seis décadas adicadas ao sector da restauración e a hostalaría, Alberto García deu de comer a dous papas, aos líderes políticos da transición e xentes da arte. O negocio foi a súa vida, o que lle dificultou sempre compartir o seu tempo alén do Mesón de Alberto. Este domingo, día da patroa do sector, será homenaxeado polos compañeiros do gremio durante a tradición do Milagre de San Vicente.

Como cambiou o negocio dende 1959?

Moito. Comecei de pinche, aos 13 anos, no que era o Café España, en decembro de 1959. Do Celta ao Alameda, Portón do Recanto, Barcelona e ao Río Miño xa de encargado, a finais do ano 1970. E en 1975 establecinme aquí [no Mesón de Alberto].

E como é que chega a establecerse?

Un día, paseando por esta rúa, había un cartel nesta cristaleira, onde está o viveiro. Se traspasa esta industria. E eu por curiosidade entrei e preguntei, vamos a ver, canto pide polo traspaso? Mirou para min Ángel, que era o dono do Bar Buenos Aires, e dime, se traspasa se montas un bo negocio, senón, non. Fala con Don José, o dono da casa. Saín de aquí e fun á Caixa Galicia, estaba Don Javier de director provincial.

Si me deja el dinero monto un negocio. El era un bo cliente noso no Río Miño. Tú por el dinero, tira para adelante. E así empezou. Don Javier deixoume dous millóns de pesetas daquela, coidado. Eu tiña 90.000 miñas. E valeu montar isto cinco millóns, e pagamos todo e non pasou nada.

Cambiaron moitas cousas. O que hai que dar é calidade. Nunca entramos en cociñas raras, sempre son tradicionais, un poco máis modernizadas. Está meu fillo de xefe de cociña, é un cociñeiro de escola, que fai cociña tradicional modernizada, seguimos a mimar o produto, un bo produto e dándolle o natural: nada de salsa de berenxena nin de coco. Temos algún prato novo, pero pouco.

A especialidade daquí é ben coñecida.

Sen lugar a dúbida, marisco e pescado. E temos unhas carnes sensacionais, pero son o noso forte. Esixen calidade, unhas esixen pezas determinadas.  A lubina, máis de tres quilos. O rodaballo, o lenguado, teñen que ser salvaxes. Buscamos a calidade e cóbrase, loxicamente.

Agora que comezan as homenaxes, de que está máis orgulloso?

Eu vexo que a xente quéreme, eu teño os meus inimigos, pero teño moitos amigos dentro do gremio. Pola rúa os bos clientes saúdanme con agarimo. Iso é do que estou máis orgulloso. E despois, de que meus fillos sigan co negocio, un na cociña e outro na sala.

É unha garantía.

É un orgullo que queda aí. Sobre todo, que os clientes pregunten por ti, danche un ego non de soberbia, senón de satisfacción.

Imaxinaba cando pediu aquela confianza económica que o negocio medraría tanto?

Non. Este negocio deu para comprar un hotel, e o hotel Jorge I vendímolo hai cinco anos xa. Este negocio sempre deu diñeiro. A proba é que, mentres outros pechaban coa crise, aguantamos. Traballamos moito, todo sexa dito.

Como ve ao sector da hostalaría e a restauración en Lugo?

Ao do restaurante véxoo ben. Penso que imos defendéndonos. Agora, o do bar, non o vexo. Eu son dos que din que ten que haber unha reconversión a corto prazo porque non se pode regalar o viño e a comida. Non é normal que por 1,30 que pode custar un viño che dean tres tapas. Tres cuartos de cerveza y ceno y gasto tres euros. Iso é insoportable, insostible. Nos bares traballan familias enteiras e moitas veces non lles dá para pagar a seguridade social e traballan 18 horas diarias. Iso non é normal e está a pasar na cidade de Lugo.

Quitando 30 locais de Lugo, dos dous mil que haberá, o resto non gañan diñeiro, non sacan un salario digno. Eu para gañar 500 euros ao mes preferiría ser empregado, tería o meu horario, dous días libres e vacacións. E son dono da miña vida. Ter un negocio palmando diñeiro non é vida.

Na hostalaría trabállanse moitas horas, pero aquí ninguén traballa máis de 8 horas. E hai 16 empregados, que se di cedo.

Pero Lugo competiu tirando os prezos.

Nos bares, nos restaurantes non. Os restaurantes están ao nivel do resto de Galicia. Nos non temos bar, partimos desa base, pero os bares de Lugo teñen fama de facer o indio, estámoslle complicando a vida a Galicia. A xente compara. Un día paseaba pola Praza de España e un guía explicaba a historia de Lugo. Esta es la calle de los vinos; y que no les engañen, les tienen que dar tres tapas con el vino. Isto é o que vendemos, iso non é comercial. Non gañas diñeiro se das un pincho, outro de cociña e outro pincho despois.

Alberto García | Óscar Bernárdez
Alberto García | Óscar Bernárdez

A afluencia dun turista internacional pode deixar máis cartos. Está disposto a pagar máis.

Comezaron a vir por aquí excursións de axencias con xaponeses e alemáns. Grupos pequenos, de 15 ou 20, pero con menús de 60 ou 70 euros. É un poder adquisitivo alto.

Algo cultural.

Estase notando un incremento do turismo, co pouco que se fai nesta cidade polo turismo. Lugo ten moita oferta, ao mellor non Lugo cidade, pero ten que ser o centro neurálxico dunha oferta como a da Ribeira Sacra. Estamos a setenta ou oitenta quilómetros.

E a costa.

Lugo ten potencial turístico se se enfoca. Eu teño confianza agora no novo hotel [de Oktonal, que operará Accor], vai traer moitísimo turismo. O Gran Hotel Lugo, que comprou Amancio López con Hotusa, tamén.

Hai que ter en conta o tipo de turista.

Calidade. Son cadeas moi fortes. Amancio ten mil catrocentos hoteis no mundo. Iso move centos de miles de persoas. Cando me dixeron que viña Accor a Lugo, alegreime un montón. O Méndez Núñez está moi ben; pero non ten a garra que lle fai falla a unha cidade, porque non ten medios. A xente sae encantada, pero é o que hai. Do Pazo falan moi ben, pero ten unha ducia de habitacións. Non hai chicha.

O novo hotel ten unha localización moi interesante, nunha zona que require rehabilitación.

Totalmente. Está tan cerca como o Gran Hotel. Eu nacín alí, na Avenida Ramón Ferreiro, cando aínda non existía.

Antes falaba de calidade. De calidade do produto, pero tamén no servizo.

Sen lugar a dúbida. É algo do que peca a hostalaría de Lugo. Que o persoal esté sen uniformar, que o servizo trate de ti. Viene tu padre, y es usted. Os profesionais, non os hai. Hai que recoñecelo.

Aquí temos a vantaxe de que temos personal con moitos anos na empresa: con 43 anos de antigüedade do Mesón, que faremos o 25 de agosto, temos antigüedades de 38 anos. E felices con eles. O camareiro que menos ten, son 4 anos. O que pasou agora a metre leva 20 anos con nós. Este negocio esixe un mellor servizo, e non cambiar cada vinte e catro horas.

Que é xusto a dinámica do sector.

Unha dinámica errónea. Á xente hai que pagarlle o que cumpre, ten que ter un salario digno e hai que tratala ben. Aquí comemos todos na mesma mesa e a mesma comida. Todos temos os mesmos privilexios. Iso é o que falta aquí, o que falta na hostalaría de Lugo, na hostalaría que é a que de verdade visita o turista.

Pode racharse coa idea de que un emprego neste sector é temporal? Que se pode facer carreira da hostalaría?

E por que non? Un camareiro que está catro ou cinco anos nunca casa pode valerlle de trampolín para arrendar e establecerse noutro local. Pero sempre coa base, un taberneiro sen máis responsabilidade non vai poder  coller un local.

A escola de hostalaría saca xente que marcha a Cuba, República Dominicana… as cadeas hoteleiras levan a esa xente. Por que non quedan aquí? É o hándicap de Lugo, aquí quedan os que teñen a familia, ou están casados.

Con que podería Lugo atraer aos profesionais do sector?

Non ten hostalaría para amarrar a esa xente. Dos cinco camareiros que hai aquí, catro son de escola. E o que non, comezou de pinche, marchou e volveu. Pero é raro que suceda. O mesmo que na cociña, un comezou de pinche e hoxe é segundo de cociña; pero os outros tres son de escola.

E maila tradición familiar.

Meu fillo [Koki] é de escola. Comezou aquí facendo pinitos, pero acabou a carreira e marchou a San Sebastián con Pedro Subijana, a Barcelona ao Via Veneto, en Las Tinajas en Granada, en Italia, Estados Unidos, México… e despois xa se incorporou aquí. Cociña moderna pero tradicional, que traballa verduras, carnes, pescados, o moderno no contexto da tradición. A profesionalización.

 

Cheché Real: “A Lugo só lle falta unha pista de esquí”

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...