InicioCulturaA fonte de San Vicente volverá a manar viño por Santa Marta

A fonte de San Vicente volverá a manar viño por Santa Marta

Logo da restauración, a fonte barroca será escenario un ano máis do Milagre de San Vicente, a tradición que Lugo Monumental recuperou para a cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Por longo tempo foi esquecida, pero dende a súa recuperación, a tradición do Milagre de San Vicente consolídase como evento popular e celebrado polas xentes de Lugo. A Asociación Lugo Monumental é a responsable de que os caños da fonte barroca da Praza do Campo manen viño da Ribeira Sacra, e conta co apoio do Concello de Lugo e da adega Viliga. A festa celebrarase este domingo 29 de xullo a partir das 12.30 horas.

Ese día corresponde a Santa Marta, patrona da hostalaría. O escenario do Milagre será a fonte barroca de San Vicente, xa restaurada. Dende 2014, cando Lugo Monumental recobrou esta fermosa tradición, os lucenses implícanse cada vez con maior espírito. Un ano máis, a Praza do Campo ofrecerá unha sesión vermú na que o viño será o protagonista.

Nesta edición, a animación musical irá a cargo da agrupación Son de Lugh, de inspiración castrexa. Os actos comezarán ás 12.30 coa entrega do título ‘Socios de Honor’ aos membros do grupo Lugo en Fotos, pola colaboración na difusión da cidade e a recuperación do pasado cultural, coa presenza dos catro administradores da páxina dixital.

A continuación chegará a homenaxe a Alberto García, sobranceiro propietario do Mesón de Alberto, por toda unha vida de adicación á hostalaría. Será precisamente no 29 de xullo, día de Santa Marta, protectora do sector ao que tanto contribuíu en Lugo.

Xa de cara á unha da tarde acenderase a fonte, renovando así o milagre no que a auga dá paso ao viño. Así e todo, veciños e curiosos están avisados: a xenerosidade de San Vicente durará ata que se agoten as existencias, o que se calcula que será unha hora ou unha hora e cuarto despois do acendido.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...