InicioLugo e contornaLugoCandia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

"Os lucenses esperan de nós que traballemos xuntos para resolver problemas e aproveitar oportunidades. Ese é o espírito co que estamos mantendo estes encontros e o que seguirá guiando a acción deste goberno", concluíu a alcaldesa de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, dentro da rolda de encontros promovida polo novo goberno municipal para reforzar a colaboración entre administracións e avanzar nos asuntos estratéxicos que afectan á cidade.

Durante o encontro, a rexedora trasladou a necesidade de impulsar distintos proxectos dependentes do Goberno central que teñen unha incidencia directa na seguridade, a mobilidade, as infraestruturas e a calidade de vida dos lucenses.

Entre as cuestións abordadas destacou a mellora da rotonda de Nadela, unha das principais portas de entrada á cidade. Elena Candia reclamou avances tanto na iluminación da rotonda como nas actuacións de humanización e seguridade viaria comprometidas para esta travesía.

Outro dos asuntos centrais foi a nova Comisaría da Policía Nacional. A alcaldesa interesouse polo estado de tramitación do proxecto e polos prazos previstos para a súa licitación e execución, ao tempo que defendeu a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) estable para Lugo.

A reunión serviu tamén para analizar o estado das principais infraestruturas viarias pendentes, como a N-540, a finalización da autovía A-54 e o desbloqueo da A-56 Lugo-Ourense, considerada unha infraestrutura clave para a vertebración do interior de Galicia.

No ámbito ferroviario, Elena Candia incidiu na necesidade de que a posta en servizo da estación intermodal vaia acompañada dunha mellora real das conexións ferroviarias da cidade, con máis frecuencias de trens, mellores tempos de viaxe e servizos adaptados ás necesidades actuais de Lugo.

Outro dos asuntos abordados durante a reunión foi o futuro do Cuartel de San Fernando. A alcaldesa solicitou o apoio do Goberno central para avanzar na súa rehabilitación a través dos programas de financiamento destinados á recuperación do patrimonio histórico como o 2% cultural

A alcaldesa destacou o clima de colaboración da reunión e subliñou a importancia de manter unha comunicación fluída entre administracións para facer seguimento dos proxectos pendentes. A nosa obriga é defender os intereses da cidade, colaborar con todas as administracións e facer un seguimento constante daqueles proxectos que resultan fundamentais para o seu desenvolvemento”, sinalou.

Candia enmarcou este encontro na nova etapa de relación institucional aberta polo Concello de Lugo, baseada no diálogo, na cooperación e na defensa dos intereses xerais da cidade.

“Os lucenses esperan de nós que traballemos xuntos para resolver problemas e aproveitar oportunidades. Ese é o espírito co que estamos mantendo estes encontros e o que seguirá guiando a acción deste goberno”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...