InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A rexedora, Elena Candia, reiterou o compromiso do Concello de Lugo de defender os intereses dos barrios e de colaborar con outras administracións para impulsar aquelas actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de Veciños do Sagrado Corazón, Alfonso Ibias, para abordar distintas cuestións de interese para o barrio e facer seguimento das actuacións pendentes nesta zona da cidade.

Entre os asuntos tratados destacou a situación da avenida Adolfo Suárez, onde hai apenas un mes se anunciou a primeira fase dun proxecto de renovación para o tramo comprendido entre a glorieta de Serra de Meira e a rúa Montero Ríos.

Tanto a alcaldesa como os representantes veciñais coincidiron en lembrar que naquela presentación se puxo de manifesto o carácter prioritario e urxente desta actuación, ao tratarse dunha das principais entradas á cidade e dunha vía que precisa unha mellora acorde coa importancia que ten para Lugo.

Porén, transcorrido un mes desde aquel anuncio, non se teñen producido avances visibles nin se coñece un calendario concreto para a execución dos traballos.

Ante esta situación, Elena Candia avanzou que remitirá unha carta á Deputación Provincial para interesarse polo estado da actuación e solicitar que se axilice esta obra así como información sobre os prazos previstos para o seu desenvolvemento.

“Os veciños teñen dereito a coñecer en que punto se atopa este proxecto. Se se trata dunha actuación considerada prioritaria para a cidade, é importante que exista información clara sobre os seguintes pasos e sobre o calendario previsto para a súa execución”, sinalou a alcaldesa.

A rexedora reiterou o compromiso do Concello de Lugo de defender os intereses dos barrios e de colaborar con outras administracións para impulsar aquelas actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Candia agradeceu tamén a colaboración da Asociación de Veciños do Sagrado Corazón e o traballo que desenvolve na identificación das necesidades da zona e na defensa das melloras que reclama o barrio.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...