InicioEconomíaFeijóo sobre a paralización de proxectos do vello hospital: “Non houbo nin...

Feijóo sobre a paralización de proxectos do vello hospital: “Non houbo nin marcha atrás, nin marcha do lado”

Insiste en que "mantén ao 100% os seus compromisos", a pesar de que a acaldesa Lara Méndez denuncia que paralizou os convenios o novo goberno de Pedro Sánchez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, negou tallantemente que a súa administración teña paralizado ningún dos proxectos que o seu goberno se comprometeu a realizar no antigo hospital de Lugo, tal e como este xoves denunciou a alcaldesa, Lara Méndez. “Non houbo nin marcha atrás, nin marcha do lado. Nós queremos ir para adiante, pero o freo está para adiante”, ironizou ao ser preguntado por este medio.

O Concello de Lugo denunciou que Xunta de Galicia anulou o trámite imprescindible para realizar o novo complexo da Residencia. Este barrio de Lugo agarda dende hai sete anos por un conxunto de instalacións que, aproveitando o vello Hospital Xeral, reactivarían un enorme espazo en desuso e ampliarían a oferta de servizos. Pero o executivo galego, a través do que Lara Méndez cualificou como “acordo opaco”, négase a que poidan existir usos non sanitarios, como comprometera no plan integral de 2017.

A decisión do Consello de Goberno da Xunta tomouse o 31 de maio, día en que comezou o debate da moción de censura no Congreso dos Deputados. Como resultado, os dous acordos previos que permitían a retrocesión de dous edificios do Vello Xeral quedaban sen efecto. Este procedimento revertía un Real Decreto de 1990 polo que o Estado cedía a Galicia o complexo hospitalario, de uso sanitario exclusivamente.

Preguntado ao respecto, Feijóo negou esta paralización. “Hai unha confusión porque nós presentamos hai un mes o proxecto construtivo para solicitar a licencia. Alí o que queremos facer é o centro integral de saúde. E estamos pendentes de Lugo para que nos dean a licencia. Parece ser que non se enteraron de que tiñan o proxecto no concello e enteraronse varias semanas máis tarde e agora confirmaron que o teñen no concello pendente de outorgamento de licenza”, indicou.

“O que dixen se mantén ao 100%”

Por iso, insistiu que non hai paralización senón “todo o contrario”. “Nós o que queremos é empezar xa as obras”. Neste sentido, indicou que ten a intención de falar co Ministerio de interior para que a nova comisaría de Lugo se manteña e se poida utilizar un dos edificios do antigo complexo hospitalario para ubicala alí.

Tamén dixo que a Xunta está facendo o proxecto para as instalacións dun edificio de emprego que se situará noutros dos complexos do antigo hospital de Lugo. “Polo tanto, todo o que dixen se mantén ao 100%”, insistiu.

“Entón non houbo marcha atrás dos convenios co Estado?”, repreguntou este medio. “Nin marcha atrás, nin marcha do lado. Nós queremos ir para adiante, pero o freo está para adiante”, foi a resposta de Feijóo.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Carmela López mostra á reitora da USC o espazo de investigación na Granxa Gayoso

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Deputado de Formación, Ensino...