InicioLugo e contornaLugoO goberno de Lugo responde á oposición sinalando que non se renuncia...

O goberno de Lugo responde á oposición sinalando que non se renuncia a proxectos prioritarios

O aparcadoiro do Ceao está en execución, a humanización de Río Eo e Otero Pedrayo ten o contrato asinado e as actuacións no parque e nas naves municipais de Frigsa continúan a súa tramitación

PUBLICADA O

O Goberno local aclara que a transferencia de crédito para financiar a primeira fase do Centro Deportivo Municipal de San Fiz non implica a renuncia aos proxectos municipais sinalados pola oposición. A situación administrativa destas actuacións demostra que continúan avanzando e que os cambios na distribución dos recursos municipais non supoñen o seu abandono.

- Advertisement -
En concreto, catro actuacións que inicialmente se financiaban con fondos propios pasan a contar con financiamento europeo a través do PAI-Norte. Este cambio permite reorganizar os recursos municipais e destinalos a outras prioridades, mantendo o avance dos proxectos previstos.

 

É o caso do aparcadoiro disuasorio do Ceao, cuxas obras están en execución e teñen como data prevista de remate febreiro de 2027. Tamén da humanización das rúas Río Eo e Otero Pedrayo, coa obra xa adxudicada e o contrato asinado.

 

Pola súa banda, as melloras no parque de Frigsa están en fase de contratación, mentres que o proxecto de mellora e rehabilitación enerxética das naves municipais de Frigsa xa está entregado e queda pendente a súa licitación.

 

Deste xeito, todas estas actuacións continúan a súa tramitación administrativa, con avances concretos que permiten desmentir que a transferencia de crédito supoña a renuncia a estes proxectos.

 

Estes datos evidencian que as actuacións seguen o seu curso e que o que se modifica é a fonte de financiamento dalgúns proxectos, aproveitando os recursos europeos do PAI-Norte para liberar fondos propios municipais e destinalos a outras actuacións.

 

O Goberno local considera prioritario avanzar tamén na primeira fase do Centro Deportivo Municipal de San Fiz, unha infraestrutura que responde á necesidade de dotar Lugo dun novo equipamento deportivo municipal. A transferencia de crédito permite reorganizar os recursos para impulsar esta actuación sen abandonar os proxectos que continúan a súa tramitación.

 

O Executivo local insiste en que a situación real das obras e dos expedientes administrativos é a mellor resposta ás acusacións da oposición: as actuacións sinaladas seguen avanzando e os cambios de financiamento responden á reorganización dos recursos municipais e ás prioridades de investimento do Concello.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...