InicioSociedadeO Supremo confirma a anulación parcial da ordenanza do uso do galego...

O Supremo confirma a anulación parcial da ordenanza do uso do galego en Lugo

O Tribunal Supremo rexeita o recurso presentado polo Concello de Lugo contra o ditame da xustiza galega, que estimara parcialmente a demanda de Galicia Bilingüe

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sala terceira do Tribunal Supremo desestima o recurso do Concello de Lugo contra a sentenza que anulaba parcialmente a Ordenanza de Uso do Galego na administración municipal. Confirma así o ditame do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de febreiro de 2016, que estimaba parte da reclamación de Galicia Bilingüe.

O Supremo avala así a resolución da xustiza galega, que anulaba os elementos contrarios a dereito na norma municipal de Uso do Galego. Concretamente, a sentenza deixaba sen efecto os artigos 7, 10 e 15, obrigando a suprimir certos parágrafos e termos dos artigos 1, 3, 4, 5, 8, 9, 12, 18, 24 e 26.

O tribunal considera que o recurso presentado polo Concello carece de rigor e fundamentación cando remite á falta de claridade da sentenza, observando que o fallo do TSXG está en todo momento motivado.

Sobre os artigos obxecto da desputa legal, o Supremo indica que a administración local adolece de definición e “crea un estado de inseguridade” sobre a posibilidade de empregar o castelán para dirixirse ao consistorio; que a ordenanza “non é proporcional nin razoable”, que “colisiona co dereito a empregar o castelán”, e que “en modo algún se xustifica polo fomento do galego”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...