InicioDeportesO base-escolta Aleksandar Cvetkovic completa o trío de bases do Club Baloncesto...

O base-escolta Aleksandar Cvetkovic completa o trío de bases do Club Baloncesto Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán confirmou a fichaxe do base-escolta serbio Aleksandar Cvetkovic, de 24 anos, 1,.88 metros de estatura e que procede do Movistar Estudiantes (Club Estudiantes de Baloncesto), de Liga ACB. A tempada 2016-2017 xogou tamén en Liga ACB con Manresa Básquet. Os seus promedios son de 6.3 puntos, 1.6 asistencias, 0.7 recuperacións e 1.2 rebotes para 6 puntos de valoración en 18 minutos de xogo con 90 % de efectividade en tiros libres, 33 % en triplas e 47 % en lanzamentos de dous puntos. A pasada campaña, xogou con Estudiantes a Basketball Champions League con 5.3 puntos, 1.9 asistencias, 1.3 recuperacións e 1.3 rebotes para 6.3 puntos de valoración por partido.

Aleksandar Cvetkovic completará o trío de bases xunto a Christian Díaz, con contrato en vigor, e o renovado Ricardo Úriz. Cvetkovic é internacional sub 20, sub 19, sub 17 e sub 16 con Serbia sendo subcampión do Mundial sub 19 en 2011 e integrante do mellor quinteto do campionato.

Cvetkovic formouse nas categorías inferiores do Estrella Roja de Belgrado. Entre 2010 e decembro de 2013, compite co primeiro equipo proclamándose campión da Copa en 2013. Despois, ficha polo MZT Skopje de Macedonia ata 2015 gañando unha Copa en 2014 e dous Ligas (2014 e 2015). En 2015, completa a pretempada co Valencia Basket. Na campaña 2015-2016, defende as cores novamente do Estrella Roja.

En 2011, participa no All Star sub 18 do Eurobasket e en 2012 no Nike Hoop Summit co equipo internacional.

O Breogán confirmou sete fichaxes: o citado base-escolta Aleksandar Cvetkovic, o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Cvetkovic, Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

O Club Baloncesto Breogán recibirá no Pazo dos Deportes de Lugo ao Club Joventut de Badalona na primeira xornada da Liga ACB 2018-2019, que está prevista entre o xoves 27 e o domingo 30 de setembro. 

ÚLTIMAS

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...