InicioLugo e contornaLugoObras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

A actuación require executar o aglomerado da explanada nunha única intervención continua para garantir a correcta pavimentación da superficie e a calidade final da obra, polo que non resulta viable realizar os traballos por fases nin de forma parcial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e 17 de xuño levaranse a cabo os traballos de aglomerado e pavimentación da explanada situada diante da nova Estación Intermodal, unha actuación necesaria para completar a urbanización desta contorna estratéxica da cidade.

As obras afectarán á Praza Conde Fontao e ás rúas San Eufrasio, Castelao e Montero Ríos, onde será necesario realizar cortes totais de tráfico entre as 22.00 e as 7.15 horas. Os traballos desenvolveranse durante tres noites consecutivas a partir do luns día  15.

Co obxectivo de reducir ao máximo as molestias á veciñanza e aos usuarios, os traballos foron programados en horario nocturno, minimizando así a incidencia sobre a circulación habitual e a actividade diaria da zona.

A actuación require executar o aglomerado da explanada nunha única intervención continua para garantir a correcta pavimentación da superficie e a calidade final da obra, polo que non resulta viable realizar os traballos por fases nin de forma parcial.

Desde o Concello recoméndase utilizar itinerarios alternativos durante as horas de corte e planificar os desprazamentos con antelación.

O Goberno local agradece a comprensión da cidadanía ante unhas actuacións necesarias para completar a posta a punto da contorna da nova Estación Intermodal e mellorar as condicións de circulación e accesibilidade da zona.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...