InicioCulturaOfrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, será o encargado de realizala, nun acto declarado Ben de Interese Cultural (BIC)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebrará este fin de semana na capital lucense.

O encargado de realizar a Ofrenda este ano será o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asumindo a representación dunha do sete antigas capitais do Reino de Galicia nun acto que se celebra de maneira ininterrompida en Lugo desde o século XVII.

Así, os actos comezarán o sábado coa celebración das Vésperas na Catedral de Lugo, ás 19.30 horas, ás que asistirán representantes institucionais e autoridades convidadas.

O acto central terá lugar o domingo, comezando ás 10.15 horas coa recepción oficial no Concello dos representantes das cidades do Antigo Reino de Galicia. Ás 10.30 horas terá lugar a firma no Libro de Honra por parte do delegado rexio e, ás 10.40 horas, iniciarase a procesión cara á Catedral.

Ás 11.00 horas celebrarase a misa na Catedral de Lugo e, unha vez acabada, ás 12.15 horas, terá lugar a tradicional procesión.

Está previsto que a este evento asistan a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, xunto cos representantes das antigas cidades do Reino de Galicia: A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Ourense, Santiago de Compostela e Tui, ademais doutras autoridades civís, militares e relixiosas.

Nunha nota de prensa o goberno local destacou que é “fundamental” preservar e promover unha tradición, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), que “representa unha parte esencial do pasado, presente e futuro”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Aula para fortalecer o sector forestal co apoio da Deputación

A Deputación de Lugo reforza o seu compromiso co sector forestal cun proxecto pioneiro...