InicioSociedadeAínda quedan días para anotarse no XXI Concurso de Tapas de Lugo

Aínda quedan días para anotarse no XXI Concurso de Tapas de Lugo

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) lembra que o 21 deste mes de setembro remata o prazo para facelo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) lembra que o prazo de inscrición para participar na vixésimo primeira edición do Concurso de Tapas de Lugo permanecerá aberto ata o vindeiro luns, 21 de setembro, incluído.

Os establecementos interesados en formar parte do certame aínda están a tempo de formalizar a súa inscrición a través da web da propia asociación.

O XXI Concurso de Tapas de Lugo está organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo e celebrarase entre os días 6 e 22 de novembro. Unha semana máis tarde, os días 27, 28 e 29, terá lugar a gran final do certame.

O presidente da Apehl, Cheché Real, anima os establecementos hostaleiros da cidade a sumarse a unha nova edición dunha iniciativa que cada ano pon en valor a creatividade e a oferta gastronómica da hostalería lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...