InicioSociedadeA banda de rock Doc Magoo’s pecha un exitoso ciclo de concertos...

A banda de rock Doc Magoo’s pecha un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

O grupo monfortino ofrecerá este sábado, 26 de setembro, un concerto ás 21:00 h. cun repertorio no que incluirá temas míticos da escena internacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a principios de agosto un cartel de concertos con bandas e propostas musicais de moita calidade. Concertos que completaron a proposta deste local para o verán e na contorna do río que combina música en directo, terraza e servizo de comidas.

Dende o 7 de agosto, pasaron xa pola Terraza do Pazo os grupos MU2, Rayones, Niño Asqueroso, Ruxe Ruxe, Cabuxa Blue e Susie Q’s. E para pechar o ciclo, este sábado 26 de setembro chega dende Monforte a banda de rock & roll Doc Magoo’s.

Todos os concertos foron de balde para o público e programados en sesión de tardeo para as 21:00 h.

DOC MAGOO’S

Esta banda monfortina, que leva 26 anos rodando polos escenarios de toda Galicia, versiona aos grandes de todos os tempos. Nos seus concertos pódense escoitar temas míticos de rock & roll da escena musical internacional como, por exemplo, Neil Young, The Black Crowes, Prince, Police, Rolling Stones, Lenny Kravitz, The Doors, Beatles ou Bob Dylan.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...