Home Lugo e contorna Lugo Obradoiro sobre a prevención do suicidio na adolescencia na UNED de Lugo

Obradoiro sobre a prevención do suicidio na adolescencia na UNED de Lugo

0
Obradoiro sobre a prevención do suicidio na adolescencia na UNED de Lugo
Centro asociado da UNED Lugo. Foto cedida.

A UNED de Lugo organizará o vindeiro martes 29 de setembro, ás 18:00 horas, o obradoiro «Cambiar a narrativa: falemos da prevención do suicidio na adolescencia», unha actividade gratuíta dirixida a sensibilizar sobre a prevención, a detección temperá e o acompañamento ante situacións de vulnerabilidade durante a adolescencia. Así mesmo, tamén se busca crear espazos de información e diálogo para combater o estigma asociado a esta conducta destructiva.

A iniciativa enmárcase na conmemoración do Día Mundial para a Prevención do Suicidio, que se celebra cada 10 de setembro, e súmase á campaña internacional “Cambiar a narrativa sobre o suicidio”, que promove unha conversa máis aberta, responsable e libre de estigmas arredor desta realidade.

O obradoiro será impartido pola psicóloga clínica Estefanía Díaz Sobrado, quen abordará algunhas das principais claves para identificar sinais de alerta e factores de protección, así como pautas de actuación para acompañar e prestar apoio a adolescentes que poidan atoparse en situacións de especial vulnerabilidade.

Durante a sesión tamén se facilitará información sobre os recursos específicos dispoñibles para solicitar axuda, ofrecendo ferramentas que permitan actuar de maneira adecuada tanto desde o ámbito familiar como educativo e social.

PARA SEGUIR O OBRADOIRO

A actividade está organizada poloa UNED de Lugo e terá lugar no seu Centro Asociado o martes 29 de setembro, de 18:00 a 19:00 horas. Poderá seguirse de maneira presencial, online en directo ou online en diferido, facilitando así a participación de todas as persoas interesadas.

A matrícula é gratuíta e a actividade está aberta a toda a cidadanía interesada nesta temática. Así mesmo, o obradoiro forma parte do ciclo ODS en Acción 2026-2027.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here