InicioDeportesO Club Joventut de Badalona visitará ao Club Baloncesto Breogán na primeira...

O Club Joventut de Badalona visitará ao Club Baloncesto Breogán na primeira xornada da Liga ACB

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán recibirá ao Club Joventut de Badalona no Pazo dos Deportes de Lugo na primeira xornada da Liga ACB 2018-2019, que está prevista entre o xoves 27 e o domingo 30 de setembro. 

O Breogán visitará consecutivamente a Iberostar Tenerife e Gran Canaria na segunda e terceira xornadas.

Os lucenses recibirán no Pazo dos Deportes ao Obradoiro C.A.B. na sexta xornada (27 ou 28 de outubro).

O Real Madrid, vixente campión da Euroliga e da Liga ACB, visitará Lugo na decimosegunda data, o 15 ou 16 de decembro.

Ligazón co calendario completo.

En pretempada, o Club Baloncesto Breogán xogará o Circuito Movistar de Tarragona contra Baskonia o venres 7 de setembro a partir das 21 horas e ante Gipuzkoa Basket sábado 8 de setembro dende as 20:30 horas. É a segunda edición do torneo e terá lugar no Palau d´Esports de Catalunya, inaugurado en recentes datas co gallo dos Xogos do Mediterráneo. O Breogán, Gipuzkoa Basket e Baskonia competirán no Grupo A, mentres que no Grupo B participarán Iberostar Tenerife, Tecnyconta Zaragoza e Partizán de Belgrado.

Baskonia é o actual subcampión da Liga ACB, mentres que Gipuzkoa Basket acadou a permanencia a pasada tempada en ACB a falta de tres xornadas. Baskonia medirase a Gipuzkoa Basket o domingo 9 de setembro ás 17 horas.

Cómpre lembrar que o Breogán debutará en semifinais da Copa Galicia o domingo 16 de setembro contra o primeiro clasificado da fase previa, na que os lucenses non competirán ao ser equipo ACB, mesmo caso que o Obradoiro.

O Breogán confirmou seis fichaxes: o escolta Lucio Redivo, o aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Lucio Redivo, Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...