InicioMedioambiente e PatrimonioLuz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

Asegura que non son previsibles efectos adversos significativos na contorna se se cumpre cos condicionantes fixados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque empresarial do Corgo, en Lugo, que promove Xestur. Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, segundo conclúe o informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, non son previsibles efectos adversos significativos na contorna se se cumpre cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental e documentación analizada como na propia resolución autonómica.

Unha vez emitido o IIA, que non exime ao promotor da a obrigación de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten esixibles, remitiuse a resolución ao órgano substantivo e proximamente será publicada no DOG e na páxina web da Consellería. Este proxecto pretende a ampliación do parque empresarial do Corgo, supondo a ocupación de máis de 203.000 metros cadrados anexos ao polígono industrial existente na actualidade.

Desa superficie, destinaranse máis de 118.000 metros cadrados a uso industrial; 35.000 a espazos libres e zonas verdes; preto de 23.300 a outras zonas libres; 2.700 metros a equipamentos e preto de 24.000 a viario e aparcadoiro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...