InicioMovementos sociaisPresentan nas Cortes 11.000 sinaturas contra a queima de pneumáticos no Bierzo

Presentan nas Cortes 11.000 sinaturas contra a queima de pneumáticos no Bierzo

A delegación de Bierzo Aire Limpio entregou aos voceiros do parlamento de Castela e León as 11.000 sinaturas recollidas contra a iniciativa de Cementos Cosmos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Once mil persoas asinaron a petición dos colectivos ecoloxistas para impedir a incineración de pneumáticos como combustible na cementeira Cosmos, en Toural dos Vaos. O importante apoio colleitado polo manifesto foi celebrado polo colectivo Bierzo Aire Limpio con certa contención, porque a loita por evitar a queima de residuos nas instalacións da compañía Votorantim ten por diante un longo percorrido. As sinaturas foron presentadas nas Cortes de Castela e León para solicitar a implicación dos grupos políticos autonómicos.

“Pedimos aos partidos que se mollen polo aire limpo e pola saúde do Bierzo”, explican dende a delegación do grupo ambientalista. Compareceron no encontro os voceiros dos partidos presentes nas Cortes: Luis Tudanca (PSOE), Luis Fuentes Rodríguez (Ciudadanos), Pablo Fernández (Unidos Podemos), Ramiro Felipe Ruiz Medrano (Partido Popular) e os procuradores do Grupo Mixto, Javier Yagüe (IU) e Luis Mariano Santos (UPL).

A presentación das sinaturas, co soporte público de ducias de entidades e importantes persoeiros bercianos, foi precedida pola solicitude por carta dunha entrevista co presidente Juan Vicente Herrera. Na misiva, Bierzo Aire Limpio incide na “trascendencia dun asunto que compromete o futuro agroalimentario, enolóxico, turístico e paisaxístico” da comarca. “A concesión da licenza a Cementos Cosmos sería un feito moi grave en opinión de sobranceiros especialistas internacionais, dos once mil asinantes contra a incineración e de gran parte da cidadanía”.

Contaminación atmosférica no Bierzo | Pedro Gallego Díaz
Contaminación atmosférica no Bierzo | Pedro Gallego Díaz

Os grupos ecoloxistas esixen a implicación directa do presidente da Xunta de Castela e León, fronte a parcialidade, denuncian, da Consellería de Fomento e Medio Ambiente. “Actúa de xeito sesgado, favorecendo unicamente os intereses de Cosmos, ata que os Tribunais –como aconteceu en sellas veces perante o Tribunal Superior de Xustiza e o Tribunal Supremo– corrixen as ilegalidades e desviacións de poder”. E non é a única fronte xudicial da multinacional brasileira, que terá que dar explicacións polas fugas da cementeira.

O manifesto está subscrito por Amigos de la Tierra, A Morteira, Aire Limpio La Hoya, ATUDEBUIAL, Asociación de Vecinos de Compostilla, Asociación Berciana de Agricultores (Marcas de Garantía Pera Conferencia del Bierzo, Castaña del Bierzo e Cereza del Bierzo), Asociación Cultural La Meda, Asociación de Amigos de los Montes Aquilianos, Bierzo Vivo, Bodega Álvaro Palacios, Consejo Regulador de la Denominación de Origen de Bierzo, Cooperactivos, Consejo Regulador de la Denominación de Origen Manzana Reineta del Bierzo, Ecologistas en Acción, Ecologistas Zaragoza, Edicións Positivas, El Bierzo Sentido, Fundación Antonio Pereira, GAIA, Indicación Geográfica Protegida Botillo del Bierzo, Indicación Geográfica Protegida Pimiento Asado del Bierzo, La Olla del Bierzo, Mil Madreñas Rojas, Mina Touro-O Pino NON, Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica, Podemos Castilla y León, Tyto Alba e Zaragoza Sin Fractura, entre outros colectivos.

Figuran así mesmo entre os asinantes Amancio Prada, o poeta Juan Carlos Mestre, Consuelo Álvarez de Toledo, a actriz Mapi Galán, o voceiro de EQUO Juan López de Uralde, Nieves Concostrina, o socialista Pepe Álvarez de Paz; o primeiro presidente de Castela e León, Demetrio Madrid, o atleta Miguel Basurco, o enólogo Álvaro Palacios, o académico da RAE José María Merino, os escritores Juan Pedro Aparicio ou Juan Carlos Suñén, Úrsula Rodríguez (viúva de Antonio Pereira), a activista mexicana Brisa Carrasco, o botánico Arsenio Terrón, o médico Plácido Castro, o empresario Óscar Cascallana, a procuradora Lorena González e maila deputada Ana Marcello de Unidos Podemos, ou os xornalistas Alonso Carnicer, Valentín Carrera, Paco Macías e Ricardo López Témez

Guerra de informes pola queima de pneumáticos na cementeira Cosmos

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...