InicioMedioambiente e PatrimonioOs escapes da cementeira Cosmos chegan á Fiscalía de Medio Ambiente

Os escapes da cementeira Cosmos chegan á Fiscalía de Medio Ambiente

Os ecoloxistas denuncian aos responsables de medio ambiente de Castela e León polo seu silencio sobre as fugas de Cosmos, "salvoconduto para a impunidade"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A corporación brasileira Votorantim Cimentos ten xa tres frontes abertas no Bierzo pola xestión da cementeira Cosmos. Dúas están vencelladas á obtención do permiso para empregar pneumáticos como combustible, intención que desatou unha guerra de informes e que podería desembocar nun conflito de intereses na Universidad de León.

A terceira deriva do propio funcionamento da fábrica: despois de que os veciños alertaran de escapes incontrolados a comezos de agosto, e de que a propia empresa admitira as fugas, a administración competente deixou sen esclarecer o alcance destes episodios. Por mor do silencio oficial, habitual na campaña da Junta de Castilla y León a prol de Cosmos, Bierzo Aire Limpio decidiu emprender accións legais contra os responsables autonómicos de medio ambiente por omisión do deber e prevaricación.

Os feitos foron postos a disposición da Fiscalía Xeral do Estado. Dende o colectivo ambientalista solicitan ao Ministerio Público que requira as medicións das estacións de control, ademais da petición de causa contra o Consejero de Fomento y Medio Ambiente, Juan Carlos Suárez-Quiñones, e o Director General de Sostenibilidad y Calidad Ambiental de Castilla y León, José Manuel Jiménez.

Toural dos Vaos, no centro da comarca do Bierzo, está rodeado de cultivos cruciais para a economía local | Bierzo Aire Limpio
Toural dos Vaos, no centro da comarca do Bierzo, está rodeado de cultivos cruciais para a economía local | Bierzo Aire Limpio

No escrito remitido por Bierzo Aire Limpio, sublíñase que as emisións incontroladas son tóxicas e perigosas tanto para a saúde dos bercianos como para o rendimento económico da comarca, posto que Cosmos está emprazada nunha zona fértil, chea de cultivos típicos do Bierzo e outros recursos forestais e gandeiros.

Nel alértase tamén de que as fugas non representan feitos illados: as testemuñas apuntan a que é unha práctica case diaria que orixina na atmosfera unha acumulación de emisións difíciles de disipar pola especial orografía da rexión.

Amais da asociación denunciante, o organismo responsable da Denominación de Vinos de Origen Bierzo tamén expresou a súa inquedanza.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo terá 50 aloxamentos para menores de 36 anos cun investimento de case seis millóns

O Consello da Xunta autorizou a licitación do contrato de execución das obras para...

Luz verde ambiental con condicións á cidade deportiva do CD Lugo en Outeiro de Rei

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental con condicións ao Plan...

Un petroglifo único en Europa sae á luz en Lugo: representa o fondo dunha cabana de 40 metros cadrados

Tras os traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta...

Xunta e Concello de Lugo analizan un proxecto mellorar o Campo da Feira de Nadela

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este luns coa alcaldesa de...