InicioMedioambiente e PatrimonioPiden investigar as supostas fugas da cementeira Cosmos

Piden investigar as supostas fugas da cementeira Cosmos

Bierzo Aire Limpo recolle as denuncias da veciñanza de Toural dos Vaos sobre as emisións da cementeira Cosmos por un posible delito ecolóxico

PUBLICADA O

- Advertisement -

Logo da aparición dunha extensa columna de fume e partículas sobre Toural dos Vaos, a veciñanza do concello berciano puxo os feitos en coñecemento das autoridades. Os avisos realizados perante o 112 e mailo Seprona da Garda Civil foron recollidos pola organización sen ánimo de lucro Bierzo Aire Limpo, por se existise un delito ecolóxico.

Esta emisión descontrolada procedía da cementeira Cosmos, e segundo os vídeos difundidos polas testemuñas, prolongouse por case media hora. Segundo o colectivo ambientalista, a empresa dixo que o episodio foi “un escape inofensivo”. Esta versión non convence a Bierzo Aire Limpo, que advirte da impunidade desta corporación “que carece de credibilidade entre os cidadáns”.

“Isto foi máis ca un escape, foi unha fuga fóra de control”, aseguran na organización ecoloxista. “Se isto acontece cando queiman clinker –compoñente principal do formigón–, que pasaría cunha fuga semellante incinerando pneumáticos e outros residuos?”. Precisamente, a polémica arrodea a Cosmos pola solicitude de permiso para queimar estes elementos, para os que xa prepararon as instalacións.

Contra esta solución, cualificada polo xornalista especializado en medio ambiente Valentín Carrera como “unha barbaridade”, existe agora mesmo unha campaña que leva recollidas máis de 6.000 sinaturas, e que remata o 28 de agosto. A Xustiza xa tumbou no pasado a autorización para queimar pneumáticos como combustible na cementeira Cosmos.

“O perigo dunha nube tóxica é unha ameaza intolerable sobre os nosos campos, froiteiros e vides, e sobre a saúde dos bercianos e bercianas”, censuran dende Bierzo Aire Limpo. É por iso que esixen unha investigación inmediata, levada a cabo por unha autoridade imparcial, obxectiva e independente. “Non nos fiamos nin de Cosmos nin das medicións da Junta de Castilla y León”.

O Bierzo quere ser a nova A Rioxa

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...