InicioPolíticaCarballo propón un grao culinario en plena reestruturación do Campus Terra

Carballo propón un grao culinario en plena reestruturación do Campus Terra

O candidato do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, di que pelexará por esta nova titulación en plena polémica pola posibilidade de redución de titulacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcaldable do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, prometeu loitar por un grao de ciencias culinarias e gastronómicas en caso de resultar vitorioso. Esta medida “pioneira en Galicia” procuraría potenciar as oportunidades nun sector “de futuro”, en especial na cidade “polo peso da restauración e a materia prima da que dispoñemos”. A proposta do candidato conservador segue á polémica polo risco de supresión e traslado das titulacións do Campus Terra, no marco da reestruturación do Sistema Universitario Galego que propón a Consellería de Educación.

Carballo explicou que Lugo “constitúe un territorio privilexiado en materia alimentaria e gastronómica”, un “legado” sobre o que cómpre “adquirir cotas de coñecemento aínda meirandes”. Así, o grao en ciencias culinarias e gastronómicas permitiría transmitir a futuras xeracións este liderado, reforzando o talento dos xoves e valorizando os produtos e pratos da provincia. O turismo é un dos asuntos principais para a formación de cara aos comicios do 26 de maio.

Para o candidato dos populares á alcaldía, Lugo sería “a mellor candidata” para ofertar formación específica en cocina e alimentación. O Campus Terra ten xa graos en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e de Nutrición Humana e Dietética. Aliás, Carballo defende que o sector é un “reclamo e seña de identidade”, e nese senso recuperou o slogan … E para comer Lugo que emprega a APEHL.

“Temos espazos para acoller e formar profesionais para comprender e contemplar o fenómeno culinario e gastronómico dende a perspectiva científica, social, cultural e de xestión empresarial”. Carballo gabou asemade o papel do Partido Popular como “principal defensor” da universidade de Lugo “dende o primeiro minuto”, criticando que o Partido Socialista “se adique a polemizar e dicir falsedades”, en referencia ás informacións que trascenderon a comezos de febreiro.

Carballo concluyó lamentando “la poca altura de miras de la alcaldesa” criticando que “en vez de trabajar y prestar colaboración institucional se dedique a polemizar y decir falsedades desprestigiando nuestro campus”.

O reitor da USC di que reducir a oferta do Campus Terra “nunca” será unha opción

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...