Balseiro nega “a posibilidade de calquera recorte na oferta” do Campus Terra

O delegado territorial da Xunta de Galicia di que existe un "proceso de readaptación de titulacións" e que a decisión non afectará a este curso vindeiro

José Manuel Balseiro, delegado territorial | Xunta de Galicia
José Manuel Balseiro, delegado territorial | Xunta de Galicia

O delgado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, afirma que o número de graos impartidos no Campus Terra “non vai diminuír”, pechando a porta a “calquera recorte na oferta educativa” en Lugo. As declaracións do emisario autonómico prodúcense despois de trascender que a Consellería de Educación estuda a redución de duplicidades nas titulacións do Sistema Universitario Galego.

O mutismo da administración galega levou á inquedanza en Lugo, pois a “readaptación” confirmada por Educación poría en risco ata catro graos vitais para o Campus Terra: a eventual desaparición das enxeñarías Química e Forestal, e o traslado das de Forestal e Agrónoma a Ourense e Pontevedra. O secretario xeral do socialismo lucense, Álvaro Santos, cualificou o plan de ataque do Partido Popular “á médula espiñal” da “filosofía educativa e a excelencia recoñecida” que rixe o modelo universitario lucense.

“Houbo que renunciar a titulacións e a outras iniciativas da Universidade de Santiago de Compostela para poder especializar este Campus na terra”, comentou Santos, para engadir que “dende o Partido Socialista non podemos consentir que se produza, o Campus é fundamental para o desenvolvemento da cidade e da provincia “. O dirixente avanzou medidas no Parlamento, na Deputación e no Concello para previr a diminución da oferta educativa. “Non imos ser cómplices da navallada”.

O secretario provincial de Educación do Partido Socialista, Miguel Vilar Rivas, e Álvaro Santos, secretario xeral da formación na provincia | PSdeG
O secretario provincial de Educación do Partido Socialista, Miguel Vilar Rivas, e Álvaro Santos, secretario xeral da formación na provincia | PSdeG

Balseiro critica a “espiral de mentira”

O delegado territorial advertiu contra a sensación de “alarma e incerteza” que ao seu xuízo procura o Partido Socialista. Balseiro rexeitou calquera recorte nun dos espazos “de maior prestixio do sistema universitario” e acusou aos socialistas de estar instalados “nunha espiral de mentira”.

Así, “o que está en marcha” e que se está negociar sen contar polo de agora co persoal do campus lucense, sería un “proceso de readaptación de titulacións”. A reorganización procuraría o axuste “ás novas demandas da sociedade”, “tal como se acordou en marzo de 2017 entre a Consellería e as universidades do Sistema Universitario de Galicia”. Insistiu Balseiro en que o único obxectivo é “reforzar o Campus Terra e atraer alumnado mediante oferta de titulacións singulares e con perfil profesional de futuro”.

Balseiro garantiu que calquera decisión que se tome, en ningún caso será para este curso, e que, en todo caso, “será adoptada de xeito consensuado coa Universidade”.

2 COMENTARIOS

  1. Aeropuertos sin aviones, autopistas sin coches, puertos sin barcos,… universidades sin alumnos. Si esas titulaciones no tienen alumnos, hay que cerrar, no hay más remedio.

    La riqueza no la crean cuatro profesores ociosos, sino el sector privado.

    • Seguramente los profesores ociosos tienen amigos que son políticos importantes, que van a defender ferozmente las mamandurrias de sus amiguetes.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here