InicioPolíticaMartínez segue sen confirmar a cabeza da lista que presentará en Lugo

Martínez segue sen confirmar a cabeza da lista que presentará en Lugo

O deputado non adscrito Manuel Martínez ofrece a nova marca a quen desexe presentarse na provincia de Lugo e promete total independencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A configuración da lista para a capital lucense está a resultar todo un reto para Manuel Martínez, promotor da marca independente coa que aspira a revalidar asento na Deputación. O deputado non adscrito non renuncia a conseguir a praza no partido xudicial de Chantada, onde tentou sen éxito sumar co INTA, mais sabe que as posibilidades pasan polo de Lugo, praza na que resultaría máis asequible. Antes de nada, deberá pechar unha candidatura que segue no aire.

Este luns, Martínez deu o primeiro paso co rexistro ante notario do novo partido, coma antes fixo con Becerreá Siempre, a marca coa que aspira a revalidar a alcaldía na cabeceira da comarca dos Ancares. Secasí, este martes, o aínda presidente de Suplusa recoñeceu que malia a intención de presentar candidatura na cidade capitalina, van “despacio” e está pendente a escolla de candidatos.

Ten claro Martínez quen quere que sexa a cabeza de lista, a reputada profesora Carmen González, pero evitou polo de agora facer ningún tipo de anuncio. O que si admite é que conseguir trinta nomes –un por cada asento na corporación de Lugo, máis suplentes– é “un tema complicado” para un partido no que “empezamos de cero”.

Así e todo, estende a proposta a quen desexe presentarse noutros concellos do partido xudicial de Lugo, e asegura que conta con persoas dispostas a dar o paso. As siglas da formación están “a disposición” en toda a provincia e Martínez promete independencia. Coma anunciou anteriormente, o exvicepresidente provincial e suspendido da militancia do Partido Socialista quere iniciar o mes de abril “con todo disposto”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...