InicioPolíticaMartínez rexistra a marca electoral coa que competirá en Lugo

Martínez rexistra a marca electoral coa que competirá en Lugo

O alcalde de Becerreá e deputado non adscrito, Manuel Martínez, participará nos comicios locais cunha marca propia e sen apoios doutros independentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – O alcalde de Becerreá, deputado provincial non adscrito e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, rexistrou este luns a marca electoral coa que concorrerá nas vindeiras eleccións municipais. Fíxoo en compañía doutros membros do novo proxecto político, co que aspira a presentar candidatura á alcaldía de Lugo e incluso revalidar representación na Deputación.

Fontes próximas a este proxecto político informaron á axencia Efe de que tanto Martínez coma os demais membros do novo partido seguen a traballar na confección dunha “candidatura de garantías”. A lista coa que presentará batalla na capital lucense ten o obxectivo de, ademais de entrar na corporación municipal, conseguir un deputado provincial polo partido xudicial de Lugo.

Os mesmos informadores indicaron que chegou a haber contactos con varios partidos políticos xa establecidos e outras candidaturas independentes. Porén, a marca auspiciada por Martínez participará dos comicios do 26 de maio en solitario. Así, a intención dos promotores da nova formación é pechar as candidaturas e presentalas en poucas semanas, para ter a maquinaria electoral engraxada “no mes de abril”.

As eleccións do 26-M, as municipais das candidaturas minoritarias

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...