InicioDeportesOs xogadores do C.B. Breogán comezan as revisións médicas no Hospital Polusa

Os xogadores do C.B. Breogán comezan as revisións médicas no Hospital Polusa

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Baloncesto Breogán comezou a realizar as revisións médicas aos xogadores de cara a vindeira tempada en Liga ACB. O pívot neerlandés Henk Norel foi o primeiro en efectuar as pertinentes probas, que efectúanse no Hospital Polusa.

A pretempada comezará, previsiblemente, o xoves 16 de agosto. O primeiro partido confirmado son as semifinais da Copa Galicia o domingo 16 de setembro contra un rival da fase previa: Club Básquet Coruña, Club Ourense Baloncesto ou Club Baloncesto Peixefresco Marín.

O Breogán confirmou cinco fichaxes: o aleiro Romaric Belemene e os pívots Alec Brown, Emir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista), Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...