InicioCulturaBegonte celebra máis de corenta anos da Festa da Empanada esta fin...

Begonte celebra máis de corenta anos da Festa da Empanada esta fin de semana

A cita gastronómica porá á venda máis de 2.000 racións de empanada, nunha festa homenaxe a un dos produtos emblemáticos de Begonte e de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Festa da Empanada de Begonte terá unha nova edición esta fin de semana, o sábado 14 e o domingo 15 de xullo. O evento celébrase dende fai máis de 40 anos. A Deputación é o principal patrocinador desta cita gastronómica chairega, cunha achega de 3.000 euros dentro do seu Plan Estratéxico de Turismo. A festa terá lugar no Club Náutico do concello. 

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, remarcou que “o goberno da Deputación colabora activamente con estes eventos gastronómicos, para promocionar á calidade dos produtos autóctonos, ao tempo que ofrecemos unha actividade atractiva a lucenses e visitantes durante a época de verán. Ademais esta festa é un importante pulo á economía local, posto que se favorece a afluencia de público chegado dende distintos puntos da xeografía lucense e galega, na que saen á venda máis de 2.000 racións”.

O Presidente do Club Fluvial, Eugenio Arraña Suárez, agradeceu a colaboración da Deputación na promoción deste evento, e convidou a todos os visitantes a achegarse a este entorno privilexiado de Begonte e desfrutar desta fin de semana.

A Festa da Empanada comeza o sábado 14 de xullo con sesión vermú e verbena. O domingo día 15 a festa continua co sorteo dun cabrito, e a partir das 18.00 horas actuación da banda “Sons e Soños”, e despois sesión de tarde. Para facer reservas da venda de comidas a organización ten dispoñibles os seguintes teléfonos; 679 428 344- 619 821 975.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...