InicioCulturaMorre o vilalbés Ramón Chao, unha das grandes voces do xornalismo galego

Morre o vilalbés Ramón Chao, unha das grandes voces do xornalismo galego

O benquerido defensor da liberdade de prensa e reivindicador da lingua galega finou en Barcelona aos 82 anos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Músico, escritor e xornalista, Ramón Chao naceu en Vilalba en 1935. Cursou estudos entre Madrid e París, cidade onde perfeccionou a habilidade co piano e co tempo mudaría en profesional da información. Na década dos sesenta comezou a traballar para Radio France coma responsable dos contidos culturais en portugués e español, para máis tarde acadar a posición de xefe de emisións neses idiomas. Durante aquel tempo conduciu emisións en galego, prohibidas pola dictadura de Franco.

Sen perder o contacto con Galicia, o vilalbés foi correspondente da revista Triunfo, colaborador de Le Monde e Le Monde Diplomatique, e habitual na televisión francesa; tamén participou en produccións cinematográficas e deixou máis de vinte obras escritas, varias en colaboración con Jacek Wozniak e Ignacio Ramonet. Por estes fitos foi candidato neste 2018 ao premio José Couso de Liberdade de Prensa.

No eido familiar, Ramón Chao é coñecido por ser irmán do teólogo e escritor Xosé Chao, xa finado, e por ser pai de Manu e Antoine, fundadores do grupo Mano Negra. Benquerido en Lugo e especialmente en Vilalba, onde un monumento honra a súa figura, diversos persoeiros da cultura e a política lembraron hoxe a memoria desta voz fundamental do xornalismo galego. Entre outros, Ana Pontón, Martiño Noriega, Xosé Manuel Pereiro ou o Colexio de Xornalistas deixaron mensaxes en homenaxe a Ramón Chao.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...