InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo realiza a ofrenda a San Froilán na catedral

O Concello de Lugo realiza a ofrenda a San Froilán na catedral

Elena Candia presidiu a comitiva municipal, que partiu da Casa do Concello acompañada pola Banda Filarmónica, nunha xornada festiva na que a música e a tradición tamén tomaron as rúas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Corporación Municipal de Lugo, presidida pola alcaldesa, Elena Candia, cumpriu hoxe coa tradicional ofrenda a San Froilán, patrón da cidade, nunha das tradicións máis vinculadas á celebración do 5 de outubro.

A comitiva municipal, acompañada por outras autoridades, partiu da Casa do Concello cara á Catedral de Lugo, onde se celebrou o acto relixioso presidido polo bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco. Durante a celebración realizouse a tradicional ofrenda, que este ano correu a cargo de Adriana López e Candela García, dúas nenas amigas de 7 anos.

A Banda Filarmónica, dirixida por Martínez Sabio, acompañou a comitiva ata a Catedral e posteriormente ofreceu na Praza de Santa María un concerto dedicado aos músicos de Lugo.

O recital incluíu un recoñecemento a figuras como Xoán Montes e Manuel López Varela, así como á historia musical da cidade, nun concerto para lembrar e poñer en valor o legado dos músicos que forman parte da historia de Lugo.

Música e tradición nas rúas

A xornada festiva matinal estendeuse tamén polas rúas da cidade, con diferentes pasarrúas, Xigantes e Cabezudos e actuacións de agrupacións musicais en distintos puntos de Lugo, achegando o ambiente do San Froilán aos barrios e espazos da cidade.

Tamén houbo diferentes propostas do San Froilán Miúdo. Os máis pequenos puideron desfrutar hoxe da actuación de Pica Pica, na Horta do Seminario, e de Diminuts, que levou o teatro ás rúas da cidade co seu espectáculo itinerante.

Estas actividades forman parte dun programa específico para a infancia e as familias, que inclúe tamén espectáculos, xogos, obradoiros, maxia e o Festivaliño Xacobeo, coa sala de cine máis pequena do mundo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...