InicioSucesosUn incendio queima unha nave con rolos de herba seca en Friol

Un incendio queima unha nave con rolos de herba seca en Friol

Ocorreu en Manxadoiro, na parroquia de Carballo. Ningunha persoa resultou ferida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio declarado no interior dunha nave pequena con rolos de herba seca no municipio de Friol causou danos na construción, pero ningunha persoa resultou ferida.  Segundo informou o 112 Galicia, arderon rolos de herba seca que se almacenaban dentro do alpendre e as chamas afectaron “levemente” á súa estrutura.

Os feitos sucederon no lugar do Manxadoiro, na parroquia de Carballo, sobre as nove da mañá deste mércores. Unha persoa contactou co 112 Galicia para alertar do incendio e indicou que ardía unha nave sen actividade na que se gardaba maquinaria agrícola.

Por iso, por parte do CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Os servizos de emerxencia finalizaron os labores de extinción do lume sobre as 11:00 horas.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...