InicioMedioambiente e PatrimonioXornada micolóxica no Piornedo da man da Deputación para coñecer o mundo...

Xornada micolóxica no Piornedo da man da Deputación para coñecer o mundo dos fungos

A xornada forma parte da programación ambiental da institución provincial na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses, e foi impartida polo micólogo Juan Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus, quen acompañou aos participantes na identificación e coñecemento das especies que se poden atopar neste espazo natural

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputación de Lugo continúa a achegar a cidadanía á natureza e a promover o coñecemento do patrimonio natural da provincia a través da súa programación de educación e divulgación ambiental na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

Neste marco, máis dunha decena de persoas na que participaron nenos e adultos de todas as idades saíron este domingo ao bosque nunha xornada micolóxica en Piornedo, na que coñeceron de primeira man o mundo dos fungos e a riqueza natural dos Ancares. A actividade estivo guiada polo micólogo Juan Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus, que acompañou aos participantes durante o percorrido polo monte e explicou as características das diferentes especies que se foron atopando ao longo da xornada.

A saída permitiu aos asistentes observar e identificar os fungos no seu propio hábitat, achegándose á diversidade micolóxica da zona e aprendendo a coñecer e respectar os ecosistemas que forman parte da Reserva da Biosfera. A xornada forma parte da programación ambiental do cuarto trimestre da Deputación de Lugo nos Ancares Lucenses, a través da Área de Medio Ambiente que dirixe o deputado Carlos López.

A Deputación volverá a celebrar esta xornada micolóxica o próximo 31 de outubro. Nesta ocasión, a actividade terá lugar na Escola de Barcia, en Navia de Suarna, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Contará con 25 prazas para adultos. As persoas interesadas poden inscribirse a través do teléfono 982 227 813 ou do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org.

Outras propostas ambientais nos Ancares

A programación da Deputación inclúe tamén outras actividades nos próximos meses.

O 7 de novembro celebrarase o Obradoiro de rescate en montaña, dirixido a persoal de Protección Civil e corpos de seguridade. A actividade terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples de San Román de Cervantes e contará cunha parte teórica, de 09:00 a 15:00 horas, e outra práctica, de 16:30 a 22:30 horas, con exercicios de rescate tanto de día como de noite. Haberá 15 prazas para adultos.

Os días 21 e 28 de novembro terá lugar un obradoiro de cestería na Escola de Barcia, con 12 prazas para adultos. O día 21 o horario será de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, mentres que o día 28 será de 10:00 a 14:00 horas.

Xa en decembro, os días 4 e 11, o Centro Social de Becerreá acollerá un obradoiro de arte floral de Nadal, dirixido a adultos e con 15 prazas.

Por último, do 28 ao 30 de decembro, tamén no Centro Social de Becerreá, desenvolveranse xogos e cantos de Nadal para nenos e nenas, con 15 prazas dispoñibles.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...