InicioCulturaO San Froilán inspira ‘Lugoland’, o primeiro single do Galego de Caracas

O San Froilán inspira ‘Lugoland’, o primeiro single do Galego de Caracas

O artista venezolano afincado en Lugo, Simón Rodríguez Landaeta, lanza o seu primeiro sinxelo musical, un tema que mestura trap, electrónica e sons de feira para renderlle tributo á festa e á noite lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Coincidindo co 5 de outubro, día de San Froilán, ve a luz Lugoland, o primeiro sinxelo e videoclip do artista lucense-venezolano Simón Rodríguez Landaeta, coñecido artisticamente como Galego de Caracas.

Afincado en Lugo desde hai varios anos, o creador orixinario de Caracas dea o paso definitivo no ámbito musical despois de destacar na escena cultural galega grazas á obtención de varios premios literarios, ás súas presentacións de poesía escénica e ás súas actuacións en directo. Coa súa creación íntegra en lingua galega, o artista busca poñer en valor o papel das persoas migrantes e a riqueza cultural do país.

Unha oda á noite e á festa lucense

Lugoland preséntase como un relato musical sobre unha fin de semana de esmorga en Lugo durante as súas celebracións máis emblemáticas. A canción conta cunha instrumental producida por Horacio Hibirma (@hhponelritmo), onde se funden o trap, a música electrónica e os sons característicos da feira. A gravación, mestura e masterización realizouse no estudio A Cova do Oso da man do enxeñeiro Fidias Torres (@fidiasbear).

O lanzamento inclúe un videoclip gravado durante as festas do San Froilán de 2025 por Daniela Blanco Santos (@blancos.photo), cuxa edición se desenvolveu ao longo de todo un ano para cadrar a súa estrea coa edición do San Froilán 2026. Pola súa banda, a portada do sinxelo é obra do ilustrador lucense Iván Mourante (@i.mouronte.b), quen tamén foi o autor do cartaz oficial do San Froilán 2025.

Cun estilo festivo e hedonista, Galego de Caracas consolida con este traballo a súa vinculación coa cidade que o acolleu. O tema xa se atopa dispoñible en YouTube, Spotify e nas principais plataformas dixitais.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...