InicioAncaresBarallaVarios vehículos danados na A-6 en Baralla por unha xunta de dilatación...

Varios vehículos danados na A-6 en Baralla por unha xunta de dilatación levantada

Condutores afectados chamaron ao 112 Galicia para indicar que sufriran danos nos seus vehículos neste punto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varios vehículos quedaron danados este domingo debido a unha xunta de dilatación levantada no quilómetro 464 da autovía A-6, en sentido Madrid, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla.

Condutores afectados chamaron ao 112 Galicia para indicar que sufriran danos nos seus vehículos neste punto. Ademais, alertaban de que había máis de seis coches afectados e que o tráfico era moi intenso.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, así como traballadores do servizo de mantemento da autovía.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...