InicioSociedadeAs gaiolas-trampa capturan 14 xabarís nunha semana na contorna urbana de Lugo

As gaiolas-trampa capturan 14 xabarís nunha semana na contorna urbana de Lugo

A Xunta destaca a efectividade dos dous dispositivos instalados na cidade para controlar a presenza destes animais en zonas urbanas e periurbanas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta destacou a efectividade das dúas gaiolas-trampa instaladas no Concello de Lugo para o control das poboacións de xabaril na contorna urbana e periurbana da cidade, nas que xa se capturaron 14 exemplares desde a súa instalación hai unha semana. Segundo o Goberno galego, este resultado “confirma a utilidade dunha ferramenta que permite actuar de maneira selectiva e eficaz nos puntos nos que se detecta unha maior presenza destes animais”, contribuíndo así “a reducir os incidentes asociados á súa aparición en espazos próximos ás zonas habitadas”. A instalación das gaiolas-trampa foi autorizada pola Consellería de Medio Ambiente o pasado 18 de setembro, tras a solicitude formulada polo Concello de Lugo para adoptar medidas de control que permitan mitigar os efectos que a presenza de xabarís pode ter para a seguridade das persoas no ámbito urbano e periurbano.

SEGUIMENTO POR PARTE DA XUNTA

Tal e como recolle a autorización, a localización dos dispositivos foi coordinada entre persoal municipal e a Unidade de Investigación para a Conservación da Natureza (UICON) da Xunta, coa finalidade de garantir a súa máxima eficacia. Ademais, os axentes desta unidade encárganse da instalación, vixilancia e seguimento das trampas. A autorización concedida ten unha vixencia dun ano e enmárcase no procedemento impulsado pola Xunta desde 2023 para facilitar a captura de xabarís en puntos concretos de cidades e áreas metropolitanas nos que a presenza desta especie poida xerar problemas de seguridade ou convivencia.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...